Numulita

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Numulitas
(Nummulites)

Rango fósil: Paleoceno - Oligoceno
Nummuliten Fossil.jpg
Clasificación científica
Reino: Protista
Filo: Rhizaria
Clase: Foraminifera
Orde: Rotaliida
Suborde: Rotaliina
Superfamilia: Nummulitoidea
Familia: Nummulitidae
Xénero: Nummulites
Lamarck, 1801
Especies

Nummulites barroni
Nummulites hyalinus
Nummulites laevigata
Nummulites lenticulus
Nummulites niasi

Calcaria numulítica da Gran Pirámide de Giza nun gravado do século XIX

As numulitas[1] son foraminíferos fósiles pertencentes ao xénero Nummulites, do que fan parte máis de 200 especies. O nome deriva do latín nummulus ( moediña ), pola forma da súa cuncha, que asemella a unha moeda.

As numulitas eran animais unicelulares (protozoos) que vivían nos mares do Paleoceno e o Eoceno hai entre 40 e 65 millóns de anos. Estes organismos tiñan unha cuncha calcaria envolta en forma de espiral plana, subdividida en varias cámaras por septos transversais. As numulitas eran verdadeiros xigantes unicelulares, chegando, nos exemplares máis grandes a superar os 10–12 cm de diámetro no Eoceno medio. A evolución destes organismos foi moi rápida, polo que son moi apreciadas en Xeoloxía como fósiles guía.

As súas cunchas fosilizadas encóntranse con bastante frecuencia nas rochas calcarias do Eoceno presentes na rexión mediterránea, tanto na beira europea como na de África. En Exipto as calcarias numulíticas do Eoceno foron empregadas na Antigüidade como material para construír as pirámides. De feito, unha especie destes organismos, a Nummulites gizehensis, toma o nome da localidade de Giza, en Exipto.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para numulita.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]