Norman Jewison

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Norman Jewison
Norman Jewison CFC in LA 37.jpg
Jewison en 2012
Nome completo Norman Frederick Jewison
Nacemento 21 de xullo de 1926 (91 anos)
Lugar Toronto, Canadá
Nacionalidade Flag of Canada.svg Canadá
Cónxuxe(s) Margaret Ann Dixon (1953–2004)
Lynne St. David (2010)
Profesión Director, produtor
editar datos en Wikidata ]

Norman Frederick Jewison, nado en Toronto o 21 de xullo de 1926 é un director de cinema canadense.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou a amosar o seu talento para o teatro na escola. Durante a Segunda Guerra Mundial serviu na Royal Canadian Navy (1944–1945) e tras acabar a contenda viaxou por Suramérica, onde descubriu a segregación que influiría no seu traballo posterior.

Tras graduarse na universidade en 1949 marchou a Londres, traballando como guionista para un espectáculo infantil e como actor para a BBC. Volveu ao seu país en 1951, para preparar o lanzamento da CBC Television, na que foi guionista, director e produtor.

En 1958 foi contratado pola CBS en Nova York. O actor Tony Curtis, nunha visita ao estudio, suxeriulle que dirixise un filme. Jewison non volveu á televisión ata a década de 1990. Debutou no cinema con Forty Pounds of Trouble (1962), protagonizada por Curtis. Os seus seguintes filmes foron tamén comedias lixeiras, ata que decidiu apartarse do xénero a mediados de década de 1960.

En 1967 dirixiu Na calor da noite, que gañou o Oscar ó mellor filme.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]