Saltar ao contido

Que veñen os rusos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Que veñen os rusos
Johnny Mandel Editar o valor en Wikidata
 Título
The Russians Are Coming, the Russians Are Coming Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Xénero
 Lingua orixinal
 Cor
Autoría
 Interpretado por
 Director/a
 Compositor/a
 Guionista
 Director/a fotografía
 Editor/a de cine
Hal Ashby (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
 Deseñador/a produción
Temática
 Tema principal
 Ambientado en
Publicación
 Produtor/a
 Compañía produtora
 Distribuidor/a
 Recadación
21.693.114 $ Editar o valor en Wikidata
 Custo
3.900.000 $ Editar o valor en Wikidata
 Formato de distribución
Datas
 Data de publicación
16 de setembro de 1966 (Reino Unido)
25 de maio de 1966 (Estados Unidos de América)
29 de setembro de 1966 (Alemaña)
1966 Editar o valor en Wikidata
Dimensións
Duración125 min Editar o valor en Wikidata
Localización
 Lugar de rodaxe
 País de orixe
Recoñecemento
 Premios
 Nomeamentos
Óscar ó mellor filme (20 de febreiro de 1967)
Óscar á mellor montaxe (20 de febreiro de 1967)
Óscar ó mellor actor (20 de febreiro de 1967)
Óscar ó mellor guión adaptado (20 de febreiro de 1967) Editar o valor en Wikidata
 Puntuación da crítica
69/100 Metacritic (2 de decembro de 2025)
83% Rotten Tomatoes (8 de setembro de 2024)
6.8/10 Rotten Tomatoes (6 de outubro de 2021) Editar o valor en Wikidata
Identificadores
Freebase/m/0p7q7 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
IMDB: tt0060921 Filmaffinity: 339860 Allocine: 42110 Rottentomatoes: m/russians_are_coming_the_russians_are_coming Allmovie: v42406 TCM: 88801 Metacritic: movie/the-russians-are-coming-the-russians-are-coming TV.com: movies/the-russians-are-coming-the-russians-are-coming Netlix: 60011339 Editar o valor en Wikidata
Wikidata

Que veñen os rusos (en inglés: The Russians Are Coming, the Russians Are Coming) é unha comedia estadounidense de 1966 dirixida por Norman Jewison en Panavision. Está baseada na novela de Nathaniel Benchley The Off-Islanders, e foi adaptada ao cinema por William Rose.

O filme mostra o caos que segue á chegada do submarino soviético Спрут ("polbo") a unha pequena illa de Nova Inglaterra durante a guerra fría. O filme está protagonizado por Carl Reiner, Eva Marie Saint, Alan Arkin no seu primeiro papel importante, Brian Keith, Theodore Bikel, Jonathan Winters e Paul Ford.

Foi estreado en galego pola Televisión de Galicia o 23 de novembro de 2001.[1]

Argumento

[editar | editar a fonte]

Un submarino da mariña soviética chamado Спрут achégase demasiado á costa de Nova Inglaterra unha mañá de setembro cando o seu capitán (Theodore Bikel) quere botar un ollo aos Estados Unidos e embarranca nun banco de area preto da ficticia illa de Gloucester, en Massachusetts, cunha importante poboación de turistas no verán, pero agora reducida a douscentos habitantes. En vez de pedir axuda por radio e arriscarse a un vergoñento incidente internacional, o capitán envía unha partida de sete homes liderada polo seu zampolit o tenente Yuri Rozanov (Alan Arkin), para que atope un motor que axude a liberar o submarino. Os homes chegan á casa de Walt Whittaker (Carl Reiner), dramaturgo neoiorquino de vacacións.

Personaxes

[editar | editar a fonte]

Produción

[editar | editar a fonte]
Vista aérea de Noyo Harbor en California, onde se rodou parte do filme
F-101B Voodoo do 84th Fighter-Interceptor Squadron

Aínda que o filme está ambientado na ficticia illa de Gloucester na costa de Massachusetts, foi rodado na costa norte de California, principalmente en Mendocino. As escenas do porto foron filmadas en Noyo Harbor en Fort Bragg, California, unhas sete millas ao norte de Mendocino. A causa da rodaxe na costa oeste, as escenas do amencer do comezo do filme foron rodadas realmente ao solpor empregando un filtro rosa.[2]

O submarino empregado era falso. A mariña estadounidense rexeitou emprestar un para a produción e prohibiu que o estudio trouxese un submarino ruso real.[3] A Mirisch Company alugou unha maqueta dun submarino que xa fora usada no filme de 1965 Morituri.[4]

Os avións eran F-101 Voodoo reais do 84th Fighter-Interceptor Squadron, da próxima Hamilton Air Force Base.

Recepción

[editar | editar a fonte]

O filme foi un éxito de crítica e público. Segundo Norman Jewison, o filme (estreado en plena guerra fría) tivo un impacto considerable tanto en Washington como en Moscova. Foi un dos poucos filmes estadounidenses da época en que aparecía unha visión positiva dos rusos. O senador Ernest Gruening menciounou o filme nun discurso no Congreso, e proxectouse unha copia do filme no Kremlin. Segundo Jewison, cando se presentou na unión de escritores cinematográficos soviéticos, Sergei Bondarchuk rompeu a chorar.[5]

  1. Programación de televisión
  2. "Filmed in Mendocino". Arquivado dende o orixinal o 14 de decembro de 2019. Consultado o 14 de maio de 2020. 
  3. Place, Hill (21 de febreiro de 2016). "Hill Place: "Flat Top" to "The Great Escape" to "Midway": An Interview with Producer Walter Mirisch". 
  4. Mirisch, Walter I Thought We Were Making Movies, Not History Univ of Wisconsin Press, 10 de abril de 2008, pp. 241-242
  5. "The Russians Are Coming to Hollywood", (DVD featurette), 2002.