Seibu Dome
| MetLife Dome | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Kami-Yamaguchi (en) | |||||||
|
Instancia de
| |||||||
|
Edificio adxacente
| |||||||
|
Deporte
| |||||||
| Persoas e organizacións | |||||||
|
Ocupante
| |||||||
|
Propietario/a
| |||||||
|
Arquitecto/a
Yoshiro Ikehara (estadio) Corporación Kajima (teito) | |||||||
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||
O Seibu Dome (西武ドーム Seibu Dōmu?), coñecido por motivos de patrocinio como MetLife Dome (メットライフドーム Mettoraifu Dōmu?), é un estadio de béisbol situado en Tokorozawa, Saitama (Xapón). Inaugurado o 14 de abril de 1979, foi erixido como campo local dos Saitama Seibu Lions da Liga do Pacífico da Liga Xaponesa de Béisbol Profesional (NPB). O estadio está cuberto por unha cúpula ao igual que outros moitos estadios do Xapón, mais dispón dunha separación entre a mesma e as bancadas para que o aire circule polo recinto. Isto fai posíbel que os home runs poidan saír do estadio, algo que non se pode nos estadios totalmente cubertos. É, xunto o T-Mobile Park de Seattle, Washington (Estados Unidos), o único estadio de béisbol do mundo con esa característica.[1]
Historia
[editar | editar a fonte]O estadio, comezado a construír en 1978, foi inaugurado o 14 de abril de 1979, sen o teito e co nome de Estadio dos Seibu Lions (西武ライオンズ 球場 Seibu Raionzu Kyūjō?). Desde a súa inauguración foi o estadio local dos Seibu Lions, que chegaban a Tokorozawa desde Fukuoka ese mesmo ano. A instalación da cuberta levouse a cabo en dúas fases: a primeira despois da temporada de 1997 e a segunda fase despois da temporada de 1998. Tras a finalización da obra o estadio mudou de nome a Seibu Dome (西武ドーム Seibu Dōmu?).
O 1 de marzo de 2005, o estadio foi nomeado Invoice Seibu Dome (イン ボイス西武ドーム Inboisu Seibu Dōmu?) debido ao patrocinio por dous anos da compañía de comunicacións Invoice. Após o vencemento do contrato, o 1 de xaneiro de 2007 o nome foi mudado a Goodwill Dome (グッド ウィルドーム Guddowiru Dōmu?),[2] para reflictir o patrocinio do Grupo Goodwill. O contrato dos dereitos de nome do Grupo Goodwill Group durou cinco anos. Esta mudanza non afectou ao nome oficial do estadio, que seguía a ser Seibu Dome, mais o medios de comunicación utilizaron case en exclusiva o nome patrocinado. A finais de 2007 o estadio recuperou o seu nome oficial debido aos problemas de negocios ilegais de Goodwill. Entre 2015 e 2017 o estadio tivo o nome de Seibu Prince Dome (西武プリンスドーム Seibu Purinsu Dōmu?), e apartir dese último ano o de MetLife Dome (メットライフドーム Mettoraifu Dōmu?).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Morse, Burden e Morse. "Beer, Brats and Grasshoppers: The Sports Tourists Rank Baseball's Cathedrals".
- ↑ "「グッドウィルドーム誕生」". Goodwill. 5 de decembro de 2006. Archived from the original on 10 de decembro de 2006. Consultado o 23 de maio de 2019.
