Nikolai Abramov

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Nikolai Abramov
Abramov NV.jpg
Nacemento24 de xaneiro de 1961
 sen etiquetar
Falecemento23 de xaneiro de 2016
 Petrozavodsk
NacionalidadeUnión Soviética e Rusia
Ocupaciónpoeta, tradutor, xornalista e escritor
editar datos en Wikidata ]

Nikolai Viktorovič Abramov (ruso: Никола́й Ви́кторович Абра́мов) nado o 24 de xaneiro de 1964 en Ladv e finado o  23 de xaneiro de 2016 en Petrozavodsk, foi un fotógrafo, xornalista, tradutor e escritor vepsio, autor do primeiro libro literario en lingua vepsia.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Pasou a súa infancia na súa aldea natal, e realizou os estudos secundarios na vila de Vingl. Despois formouse na Escola Técnica Topográfica de Leningrado, na Universidade Estatal de Petrozavodsk e na Universidade Pedagóxica Estatal de Carelia. Ao longo da súa vida realizou diversos traballos, dende traballar nunha granxa estatal a dirixir unha casa rural de cultura. Foi correspondente de diversas publicacións como Svirskie Ogni, Finno Ugorskaia Gazeta ou Kto o Chom e editor do mensual en vepsio Kodima. Durante os seus últimos anos traballou na Biblioteca Nacional de Carelia. Foi membro da Unión de Escritores de Rusia dende 1998 e da Unión de Xornalistas de Rusia dende 2003 e directivo da Asociación Internacional de Escritores Ugrofineses e da Unión de Xornalistas da República de Carelia.

Actividade creativa[editar | editar a fonte]

En 1994 Abramov publicou o primeiro libro literario en vepsio[1], a colección de poemas Koumekümne koume . Na súa segunda colección publicada en 1999 Kurgiden aig alén da súa propia obra, traduciu poemas de Pushkin, Esenin, Pasternak, Rubtsov, Visotski e Evtushenko. A terceira collección, "Pagiškam, vell" publicouna con tradución ao ruso. A súa poesía, de carácter lírico, céntrase na vida campesiña e na natureza e traduciuse ao ruso, finés, sueco, noruegués, húngaro, estoniano e francés e diversas linguas ugrofinesas de Rusia. En 2013 publicouse unha transcrición dunha selección das súas poesías ao cirílico, o terceiro libro vepsio publicado en cirílico coa finalidade de chegar a aqueles vepsios non familiarizados coa ortografía latina oficial da lingua.

O poeta traduciu clásicos rusos e internacionais como Omar Khayyam, Rabindranath Tagore, William Shakespeare, Paul Verlaine, Lev Tolstoi ou Nikolai Klyuev. Tamén traduciu fragmentos da épica estoniana Kalevipoeg, contos populares komi, e versos e relatos de escritores ugrofineses de Rusia ou mesmo as letras de Yesterday (The Beatles) e We are the Champions (Queen) que cantou Anna Vasilyeva (Yusne) e o grupo carelio "Kantele" .

Nikolai Abramov foi tamén un recoñecido fotógrafo, realizando tres exhibicións en Petrozavodsk, ademais de expoñer noutros lugares Rusia e mais en Noruega, Ucraína, e coas súas fotografías publicadas en revistas e álbums fotográficos.

Obra[editar | editar a fonte]

  • Koumekümne koume. Petroskoi: «Karjal», 1994.
  • Kurgiden aig. Petroskoi: «Periodik», 1999.
  • Pagiškam, vell' . Petroskoi: «Periodik», 2005.

Edicións foráneas e transliteracións[editar | editar a fonte]

  • Kahtišti koumekümne koume. Tradución ao húngaro, 2010.
  • Kurgede aeg . Tradución ao estoniano, 2010.
  • Les chants des forêts. Tradución ao francés, 2011
  • Оять-ёген рандал... Transliteración cirílica, 2013

Notas[editar | editar a fonte]