Nikola Tanasković
![]() | |
Río Breogán – No. 24 | |
Información persoal | |
---|---|
Nacemento | 21 de outubro de 1997 (25 anos)![]() |
Nacionalidade | ![]() |
Altura | 2,04 m (6 ft 6 in) |
Peso oficial | 102 kg (194 lb) |
Posición | Ala-pivote |
Liga | ACB |
Información da carreira | |
NBA Draft | 2016 / Rolda: Non drafteado |
Carreira | 2015−presente |
Historial de equipos | |
KK Partizan (2015–2019) → Spartak Subotica (2017−2018) → Mladost Zemun (2018−2019) Mega MIS (2019−2020) Río Breogán (2022− ) |
Nikola Tanasković (en serbio: Никола Танасковић), nado o 21 de outubro de 1997 en Smederevska Palanka, é un xogador serbio de baloncesto profesional. Formado nas categorías inferiores do Partizan de Belgrado, actualmente xoga para o Río Breogán da Liga ACB.[1] Cunha altura de 2,04 m, xoga na posición de ala-pivote.[2]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Nado en Smederevska Palanka, unha localidade situada no centro de Serbia, Tanasković formouse nas categorías inferiores do KK Partizan de Belgrado, equipo co que debutou en decembro de 2015 e no que xogou até 2019, incluídas varias cesións. Con el KK Partizán Belgrado se proclamouse campión de Copa en 2018. Após finalizar a súa etapa no Partizan xogou para o KK Mega Basket, o KK Borac Čačak e o KK Igokea, antes de asinar polo Club Baloncesto Breogán da Liga ACB.
Clubs[editar | editar a fonte]
Ao longo da súa carreira, Tanasković ten xogado para os seguintes equipos profesionais:[2]
KK Partizan (ABA / KLS, 2015–2017)
Spartak Subotica (KLS, 2017−2018)
Mladost Zemun (KLS, 2018−2019)
Mega MIS (ABA, 2019−2020)
KK Igokea (ABA, 2021−2023)
CB Breogán (ACB, 2023− )
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "O Río Breogán incorpora a Nikola Tanaskovic". CB Breogán. 26 de marzo de 2023. Consultado o 1 de abril de 2023.
- ↑ 2,0 2,1 "Nikola Tanasković, Basketball Player". Proballers (en inglés). Consultado o 1 de abril de 2023.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Perfil en ACB (en inglés)
- Perfil en Proballers (en inglés)