Nieves Loperena

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Nieves Loperena
 Baiona
NacionalidadeEspaña
Ocupacióneditora literaria, fotógrafa e libreira
editar datos en Wikidata ]

María de las Nieves Loperena de Saá, nada en Baiona, é unha editora, fotógrafa, deseñadora, maquetadora, libreira e dinamizadora cultural galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

É delegada en Galicia da editorial asturiana Nigra Trea.[1] Como fotógrafa participou en varias exposicións[2][3] e as súas imaxes apareceron en varios libros. Rexenta unha librería de vello de máis de 40 000 volumes, localizada nunha antiga escola unitaria no Castro de Gaxate, A Lama (de 2011 a 2016 en Sabarís, Baiona[4][5]), O Mercado da tía Ni, así como unha librería móbil (a Furgolibro), periodicamente presente en varias feiras e outros eventos da xeografía galega.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Martínez, Alejandro (25/8/2011). "Libros al peso en Sabarís". La Voz de Galicia (en castelán). 
  2. Porteiro, Piñeiro, Sobrino e Ledo (1990). II Bienal de Artistas Galegas. Vigo: Concello de Vigo. VG 64/90. 
  3. Sierra, Vítor (comisario) (2006). Iconos. Ourense: Xunta de Galicia. Consellería de Cultura. OU-148-2006. 
  4. R. Pontevedra, Silvia (14/9/2011). "Literatura a seis euros el kilo". El País (en castelán). 
  5. Pillado, Neli (9/6/2016). "Adiós a cinco años de activismo cultural en Sabarís". Faro de Vigo (en castelán). 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]