Saltar ao contido

Nicotiana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Nicotiana
 Nome taxon
    Nicotiana
Imaxe
 Instancia de
 Epónimo
Características
 Fonte de
 Categoría taxonómica
 Sinónimo substituído
Clasificación taxonómica
 ReinoPlantae
 OrdeSolanales
 FamiliaSolanaceae
 XéneroNicotiana Editar o valor en Wikidata
L., 1753 Nicotiana Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Freebase/m/0268zvl Editar o valor en Wikidata
MeSHD014026 Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC2778803642 Editar o valor en Wikidata
ITIS30562 Editar o valor en Wikidata
OTT797191 Editar o valor en Wikidata
CoL63Z9 Editar o valor en Wikidata
EOL38459 Editar o valor en Wikidata
WFOwfo-4000026097 Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons

Nicotiana L. é un xénero de plantas herbáceas e arbustos pertencentes á familia ( Solanaceae ), [1] orixinaria das Américas, Australia, o suroeste de África e o Pacífico Sur. Varias especies do xénero Nicotiana, coñecidas popularmente como tabaco, cultívanse para facer cigarros, puros ou tabaco para pipas, cachimbas e mascar. Entre as especies cultivadas do xénero destaca Nicotiana tabacum, o cultivo máis estendido e dominante na produción comercial de tabaco. O nome do xénero, así como o nome da substancia nicotina, honran a Jean Nicot, o embaixador francés en Portugal, quen, en 1561, introduciu o tabaco na corte francesa e, desde alí, no resto de Europa. [2]

Ecoloxía

[editar | editar a fonte]
Virus do mosaico do tabaco (micrografía de microscopía electrónica)

O xénero Nicotiana mostra unha gran plasticidade ecolóxica, adaptándose a unha gran variedade de ecosistemas e hábitats. A iso contribúe en gran medida a súa enorme riqueza en alcaloides, que constitúen un forte obstáculo para a herbívora e o ataque dos insectos.

Porén, a pesar da presenza de compostos como a nicotina, o xermacreno, a anabasina e outros alcaloides da familia das piperidinas (con composición e cantidade variábeis entre especies) capaces de disuadir á maioría dos herbívoros, [3] existen múltiples especies que desenvolveron mecanismos adaptativos que permiten consumir especies de Nicotiana sen sufrir danos. A pesar diso, as plantas do xénero son, en xeral, desagradábeis, ou mesmo tóxicas, para a maioría dos animais, polo que algunhas delas son especies invasoras (especialmente N. glauca) nalgunhas rexións.

Manduca sexta femia

No século XIX, as novas plantas de tabaco cultivadas comezaron a ser moi atacadas polos escaravellos das especies Epitrix cucumeris e Epitrix pubescens, o que provocou a destrución da metade da colleita de tabaco dos Estados Unidos de América en 1876, situación que se prolongou até o 1890, cando se xeneralizaron as técnicas de protección dos cultivos contra eses organismos.

Entre os lepidópteros, a maioría Noctuidae (pero incluíndo algúns Sphingidae ), cuxas eirugas se alimentan de plantas do xénero Nicotiana, inclúen:

Nicotiana alata
Nicotiana langsdorffii
Plantas de Nicotiana tabacum en flor
Nicotiana × sanderae (un cultivar ornamental)

Híbridos artificiais

[editar | editar a fonte]

Especies incluídas anteriormente

[editar | editar a fonte]
  1. ↑ Sunset Western Garden Book, 1995:606–607
  2. ↑ Heading: 1550-1575 Tobacco, Europe Arquivado 12 de outubro de 2011 en Wayback Machine..
  3. ↑ Panter et al. (1990)
  4. ↑ Clausen, R.E. (1928) Interspecific hybridization in Nicotiana. VII. The cytology of hybrids of the synthetic species, digluta, with its parents, glutinosa and tabacum. Univ. Cal. Pub. Botany. 11(10):177-211.
  5. ↑ "GRIN Species Records of Nicotiana" (en inglés). Consultado o 2010-11-30.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Integrated Taxonomic Information System (ITIS) (1999): Nicotiana. Retrieved 2007-NOV-20.
  • Panter, K.E.; Keeler, R.F.; Bunch, T.D. & Callan, R.J. (1990): Congenital skeletal malformations and cleft palate induced in goats by ingestion of Lupinus, Conium and Nicotiana species. Toxicon 28(12): 1377-1385. PMID 2089736 (HTML abstract)
  • Ren, Nan & Timko, Michael P. (2001): AFLP analysis of genetic polymorphism and evolutionary relationships among cultivated and wild Nicotiana species. Genome 44(4): 559-571. doi 10.1139/gen-44-4-559 PDF fulltext

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]