Nicolas-Louis de Lacaille
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 15 de marzo de 1713 Rumigny (Reino de Francia) |
| Morte | 21 de marzo de 1762 París (Reino de Francia) |
| Lugar de sepultura | Institut de France 48°51′26″N 2°20′13″L / 48.8572, 2.3369 |
| Diácono | |
| 1732 – | |
| Datos persoais | |
| Residencia | Cabo de Boa Esperanza (1750–1753) Château de la Cour des Prés (en) |
| Relixión | Igrexa católica |
| Educación | Collège de Navarre (en) Collège de Lisieux (en) |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Astronomía |
| Ocupación | astrónomo, escritor, matemático, mestre |
| Empregador | Collège des Quatre-Nations (1739–1762) Observatório de Paris (pt) |
| Membro de | |
| Profesores | Jacques Cassini |
| Alumnos | Antoine Lavoisier, François Laurent Lamandé (pt) |
| Obra | |
Obras destacables
| |
| Premios | |
| |
| Descrito pola fonte | Nordisk familjebok Biblioteca dixital BEIC Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Nicolas-Louis de Lacaille, nado en Rumigny o 15 de marzo de 1713 e finado en París o 21 de marzo de 1762, foi un astrónomo francés. É coñecido principalmente por catalogar estrelas (preto de 10.000), e nomeou 15 das 88 constelacións. Calculou e tabulou unha lista de eclipses para 1800 anos.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Lacaille estudou teoloxía, matemáticas e astronomía no College de Lisieux de París. No ano 1739 foi axudante de Cassini no establecemento da Meridiana de París e en 1741 foi elixido membro da Academia de París. Entre 1750 e 1754 dedicouse a estudar as estrelas e constelacións do hemisferio austral grazas ás viaxes que facía ao cabo de Boa Esperanza, a parte máis austral do continente africano. Tras este estudo publicou Coelum Australe Stelliferum a súa obra máis afamada.