Saltar ao contido

Nick Zinner

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaNick Zinner

(2007) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento8 de decembro de 1974 Editar o valor en Wikidata (49 anos)
Sharon, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónBard College Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoMúsica Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónfotógrafo, compositor de cancións, guitarrista, músico, produtor musical Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoIndie rock Editar o valor en Wikidata
InstrumentoGuitarra Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoInterscope Records Editar o valor en Wikidata

Sitio webyeahyeahyeahs.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm1742649 Spotify: 2skDtpQeOI6zjRWIT3iFkO Musicbrainz: 20dc35ec-6cc1-4c66-98a3-4a6116cb3869 Songkick: 1782368 Discogs: 189110 Editar o valor en Wikidata

Nicholas Joseph Zinner, nado o 8 de decembro de 1974 en Sharon, Massachusetts, é o guitarrista da banda neoiorquina de indie rock Yeah Yeah Yeahs. É coñecido polo seu inconfundible pelo revolto, e o seu aspecto delgado e pálido. Zinner tamén é afeccionado á fotografía.

En maio do ano 2012 a revista Spin situouno no número 89 da súa lista dos 100 mellores guitarristas de todos os tempos[1].

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Antes de formar Yeah Yeahs Yeahs con Karen O e Brian Chase no ano 2001, Zinner asistiu ao Bard College onde tocou no Boba Fett Experience, que posteriormente cambiaría o seu nome a Challenge of the Future por temor a unha demanda de George Lucas. A banda mudouse a Williamsburg, Brooklyn, a finais dos 90 e separouse en 2001.

Dende o 2001, Zinner colaborou con moitos artistas como TV on the Radio, Har Mar Superstar, Ronnie Spector, The Horrors e Scarlett Johansson. Gravou os teclados e a guitarra en varios temas do álbum de Bright Eyes Digital Ash in a Digital Urn e estivo de xira coa banda.

No ano 2005 Zinner formou unha banda chamada Head Wound City xunto con membros de The Locust e The Blood Brothers.

Zinner produciu a remestura do tema "Compliments" do álbum Silent Alarm Remixed, da banda inglesa Bloc Party, editado no 2005, e tamén remesturou a canción "INRI" de The Plot to Blow Up the Eiffel Tower e "People are Germs" de Single Frame, ademais de aparecer no seu vídeo musical.

  1. "100 mellores guitarristas de todos os tempos segundo Spin". Arquivado dende o orixinal o 07 de maio de 2012. Consultado o 04 de maio de 2012.