Fever to Tell
| Fever to Tell | |||
|---|---|---|---|
| Yeah Yeah Yeahs | |||
|
Título
| |||
|
Instancia de
| |||
|
Parte de
| |||
|
Forma artística
| |||
|
Xénero
| |||
|
Lingua
| |||
| Autoría | |||
|
Interpretado por
| |||
| Publicación | |||
|
Produtor/a
| |||
|
Selo discográfico
| |||
|
Formato de distribución
| |||
| Datas | |||
| |||
| Localización | |||
| |||
| Identificadores | |||
| |||
| Fontes e ligazóns | |||
| Wikidata | |||
Fever to Tell é o álbum de estrea da banda de indie rock estadounidense Yeah Yeah Yeahs, editado o 29 de abril do 2003 a través do selo Interscope Records. Foi producido por David Andrew Sitek e mesturado por Alan Moulder.
Fever to Tell foi nomeado ao premio ao mellor álbum alternativo nos Grammy e foi certificado ouro no Reino Unido. O vídeo de "Maps" foi nomeado nos MTV Video Music Awards do 2004 á mellor dirección artística, mellor cinematografía, mellor edición e ao MTV2 Award. The New York Times elixiu Fever To Tell como mellor álbum do ano. En xuño do 2005 o álbum foi situado no porto 89 na lista da revista Spin dos 100 mellores álbums entre 1985 e 2005. Tamén aparece no libro 1001 Albums You Must Hear Before You Die. No ano 2009 o álbum foi declarado segundo as publicacións Rolling Stone, Pitchfork Media e NME, o 28, 24 e 5 mellor da década respectivamente.
En abril do ano 2016 a revista Rolling Stone colocouno no posto 31 da súa lista dos 40 mellores álbums de punk de todos os tempos.[1]
Listaxe de cancións
[editar | editar a fonte]Todos os temas compostos por Yeah Yeah Yeahs.
- "Rich" - 3:36
- "Date with the Night" - 2:35
- "Man" - 1:50
- "Tick" - 1:49
- "Black Tongue" - 2:59
- "Pin" - 2:00
- "Cold Light" - 2:16
- "No No No" - 5:14
- "Maps" - 3:39
- "Y Control" - 4:00
- "Modern Romance" - 7:28 Despois dun tempo de silencio soa a canción oculta "Poor Song" (ás veces faise referencia erroneamente a ela como "Porcelain")
- ↑ "Lista dos '40 mellores álbums de punk de todos os tempos'". Rolling Stone. Consultado o 26 de setembro de 2018.