"Date with the Night" é o primeiro sinxelo editado pola banda estadounidense de indie rockYeah Yeah Yeahs, aparecido o 14 de abril do 2003 como parte do seu álbum Fever to Tell. O sinxelo inclúe a cara-b "Yeah! New York", que tamén pode atoparse como canción extra na edición británica do álbum, e unha remestura de "Bang", do seu EP de estrea, Yeah Yeah Yeahs. O sinxelo acadou o número 16 nas listas inglesas. A canción está dispoñible como descarga para o videoxogo Rock Band.