Brian Chase

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Brian Chase
Brian Chase performing with Seth Misterka at Cake Shop on Jun 6 2007, Video still from PUNKCAST.jpg
Data nacemento2 de decembro de 1978 (44 anos)
Nado enLong Island
Ocupaciónmúsico
Instrumento(s)batería
Relacionado conYeah Yeah Yeahs, The Seconds, The Sway Machinery
Na rede
Musicbrainz: a1439b8d-672a-446f-a7ff-6f09d68254b3 Songkick: 3387146 Discogs: 474983 Allmusic: mn0000554307 Editar o valor em Wikidata

Brian Chase (nado o 2 de decembro de 1978 en Long Island, Nova York) é un batería estadounidense coñecido por tocar na banda de indie rock Yeah Yeah Yeahs. Foi elixido pola revista en liña Gigwise como un dos 50 mellores baterías de todos os tempos[1].

Biografía[editar | editar a fonte]

Chase medrou en Long Island, Nova York e asistiu á Friends Academy en Locust Valley, e ao Oberlin Conservatory of Music.

Ademais de tocar en Yeah Yeah Yeahs Chase tamén o fai na banda The Seconds, e adoitaba a tocar coa banda da súa ex-moza Emily Manzo ata que a parella se desfixo no ano 2006. Actuou con varos dúos experimentais con outros músicos como Stefan Tcherepnin e Seth Misterka, co cal editou un CD no ano 2007 a través do selo australiano Heathen Skulls. Outros músicos cos que tocou son Jessica Pavone, Mary Halvorson, Moppa Elliott, e os grupos Oakley Hall, Blarvustert e The Sway Machinery.

En maio do 2010 o dúo Chase/Misterka actuou no Melbourne International Jazz Festival e despois realizou unha xira por australia durante un mes.

Na actualidade vive en Greenpoint, Brooklyn. É sinestésico e ve cores cando toca ou escoita música.

Notas[editar | editar a fonte]