Gold Lion

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
"Gold Lion"
sinxelo de Yeah Yeah Yeahs
do álbum Show Your Bones
Lanzamento 21 de marzo de 2006
Formato CD, 7"
Gravada
Xénero musical indie rock, rock alternativo
Lingua(s) {{{lingua}}}
Duración
Discográfica Interscope Records
Produtor(es) David Andrew Sitek, Yeah Yeah Yeahs
Escritor(es)
Cronoloxía
"Y Control" "Gold Lion" "Turn Into"
Miscelanea {{{miscelanea}}}

"Gold Lion" é unha canción da banda estadounidense de rock alternativo Yeah Yeah Yeahs, publicada como primeiro sinxelo do álbum Show Your Bones o día 21 de marzo de 2006. Distinguese dentro da discografía de Yeah Yeah Yeahs xa que conta con guitarra acústica e cun ritmo máis lento comparado con anteriores trabalos como "Bang!" e "Date with the Night". Converteuse no segundo maior éxito do grupo tras "Maps", editado en 2004.

"Gold Lion" foi chamada así tras os dous premios Gold Lion gañados polo anuncio de Adidas Hello Tomorrow no Festival de Publicidade de Cannes de 2005. Karen O colaborara coa súa voz na canción composta para o anuncio por Sam "Squeak E. Clean" Spiegel, irmán do entón mozo de Karen Spike Jonze, que dirixira o mesmo.

"Gold Lion" apareceu na edición do 2006 do álbum recompilatorio NME Essential Bands. Tamén foi a música dun anuncio do perfume "Elle" de Yves Saint Laurent en 2007. No anuncio, dirixido por Michael Haussman, aparece a modelo canadense Coco Rocha. Ademais, o tema pode escoitarse no capítulo de Grey's Anatomy "17 Seconds".

Listaxe de cancións[editar | editar a fonte]

  1. "Gold Lion" – 3:09
  2. "Let Me Know" (Demo) – 3:31
  3. "Gold Lion" (Diplo's Optimo remix) – 4:04
  4. "Gold Lion" (Nick Zinner remix) – 3:14