Nervio troclear
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2018.) |
| Nervio troclear | |||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| nervus trochlearis | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| Características | |||||||||||||||||
|
Innerva
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||||||||
O nervio troclear ou nervio patético é o cuarto dos doce pares craniais. Trátase dun nervio motor, que innerva o músculo oblicuo superior do ollo. Este leva o globo ocular cara a fóra.
Orixe real
[editar | editar a fonte]Atópase a nivel dos colículos inferiores, por diante da substancia gris periacuedutal, por debaixo da orixe do nervio motor ocular común.
Orixe aparente
[editar | editar a fonte]Áchase por debaixo dos colículos. O nervio atravesa o velo medular posterior. Viaxa pola parte lateral do mesencéfalo e chega ó seo venoso cavernoso. Chega á órbita a través da fendidura esfenoidal seguindo ese seo venoso.
Funcións
[editar | editar a fonte]Só ten a de mover o músculo oblicuo maior do ollo.
Lesións
[editar | editar a fonte]As súas lesións ocasionarán problemas visuais. Se son lesións centrais, a afección é contralateral (lesión do nervio dereito afecta ó ollo esquerdo e viceversa).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Nervios craniais |
|---|
| CN I - Olfactorio |
| CN II - Óptico |
| CN III - Oculomotor |
| CN IV - Troclear |
| CN V - Trixémino |
| CN VI - Abducente |
| CN VII - Facial |
| CN VIII - Vestíbulococlear |
| CN IX - Glosofarínxeo |
| CN X - Vago |
| CN XI - Accesorio |
| CN XII - Hipogloso |