As ramas bulbares xorden do suco colateral posterior da medula oblongada por debaixo do pneumogástrico ou X par cranial.
As ramas medulares fanno do suco colateral posterior da medula.
Sae do endocranio polo burato rachado posterior xunto cos pares X e IX. Unha vez fóra da cavidade cranial, divídese en dúas ramas: unha rama interna, que contén as fibras de orixe bulbar e que termina uníndose ó ganglio plexiforme do vago; e unha rama externa, que descende atravesando o espazo retromandibular e termina innervando os músculos esternocleidomastoideo e trapecio.
Debido a que innerva o esternocleidomastoideo e o trapecio, ten por función mover o pescozo e a testa. Permite erguer a cabeza, mantela erquida e encoller os ombreiros. As súas lesións explóranse pedindo ó paciente que encolla os ombros.