Nervio interóseo anterior

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nervios do membro superior

O nervio interóseo anterior é un nervio do membro superior humano. Está situado no antebrazo. É unha póla do nervio mediano, que se orixina entre as dúas porcións do músculo pronador redondo. Percorre o antebrazo xunto á arteria interósea anterior, innervando músculos do plano fondo (músculo flexor longo do polgar da man, metade medial do músculo flexor común fondo dos dedos da man e o músculo pronador cadrado). Termina dando varias pólas colaterais para o pulso.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Gray. Anatomy of the human body (en inglés). Edición de 1918 de dominio público.