Arteria interósea anterior

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Arterias do membro superior

A arteria interósea anterior é unha arteria do membro superior humano situada no compartimento anterior do antebrazo. É unha rama da arteria cubital. Percorre a superficie anterior da membrana interósea e abastece os músculos do plano fondo do antebrazo. Tamén leva sangue ao radio e ao cúbito. A maior parte das ramas colaterais da arteria furan a membrana interósea para acadar o plano fondo. Na zona máis próxima ao pulso, únese á arteria interósea posterior.