Neo Rauch
![]() (2007) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 18 de abril de 1960 ![]() Leipzig, Alemaña ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Alemaña ![]() |
Educación | Academy of Fine Arts Leipzig (en) ![]() ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Pintura ![]() |
Lugar de traballo | Leipzig ![]() |
Ocupación | pintor , debuxante , profesor universitario , fotoxornalista ![]() |
Empregador | Academy of Fine Arts Leipzig (en) ![]() ![]() |
Movemento | New Leipzig School (en) ![]() ![]() |
Profesores | Arno Rink (pt) ![]() ![]() |
Lingua | Lingua alemá ![]() |
Representante | David Zwirner Gallery (en) ![]() ![]() |
Familia | |
Cónxuxe | Rosa Loy |
Premios
| |
![]() ![]() ![]() ![]() |
Neo Rauch, nado en Leipzig o 18 de abril de 1960, é un pintor alemán contemporáneo.
Vida privada[editar | editar a fonte]
Rauch está casado coa pintora Rosa Loy e vive en Markkleeberg, preto de Leipzig. Teñen un fillo adulto. Rauch traballa na antiga Leipziger Baumwollspinnerei (fiadura de algodón).
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Rauch estudou pintura na Facultade de Gráfica e Arte do Libro de Leipzig, de 1981 a 1986, con Arno Rink. De 1986 a 1990 foi estudante de máster con Bernhard Heisig. Foi o asistente de Arno Rink na Academia de Leipzig, de 1993 a 1998. De 2005 a 2009, foi profesor da universidade e, de 2009 a 2014, profesor honorario.
Obra[editar | editar a fonte]
Rauch pertence á Nova escola de Leipzig. As súas monumentais pinturas teñen influencias do surrealismo, especialmente de Giorgio de Chirico e René Magritte, e do realismo socialista e dos muralistas mexicanos de mediados do século XX, minando a intersección da súa historia persoal coas políticas da alienación industrial.[1]
A súa obra, de moi alta cotización no mercado e presentada en moitas exposicións internacionais, foi exposta en 2001 na Bienal de Venecia, e en 2005 no CAC de Málaga.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Neo Rauch". David Zwirner (en inglés). Consultado o 2024-06-07.