Nelumbo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Nelumbo

Nelumbo nucifera
Clasificación científica
Reino: Plantae
(sen clasif.) Angiospermae
(sen clasif.): Eudicotyledoneae
Orde: Proteales
Familia: Nelumbonaceae
Xénero: Nelumbo
Adans.
Especies

Véxase o texto

Nelumbo é o único xénero representante da familia das Nelumbonaceae, plantas coñecidas tamén como lotos,[1] malia que é un nome xenérico que se aplica tamén en varias outras plantas e grupos de plantas, como o xénero non relacionado Lotus. O vocábulo "nelumbo" deriva do cingalés: නෙළුම් neḷum, o nome para o loto Nelumbo nucifera.[2]

Só existen dúas especies vivas deste xénero. A Nelumbo nucifera é nativa de Asia e é amplamente cultivada. Pódese comer e é empregada na medicina tradicional chinesa. Esta especie é o símbolo floral da India e de Vietnam. A outra especie é Nelumbo lutea e é nativa de América do Norte e o Caribe.

Unha terceira especie é a extinta Nelumbo aureavallis, coñecida por fósiles do Eoceno atopados en Dacota do Norte, nos Estados Unidos de América.

Especies[editar | editar a fonte]

Este xénero só conta con dúas especies:

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para loto.
  2. Hyam, R. & Pankhurst, R.J. (1995). Oxford University Press, ed. Plants and their names : a concise dictionary. Oxford. ISBN 978-0-19-866189-4. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]