Lotus (xénero)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

xénero Lotus

Flores de Lotus uliginosus
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Dicotiledónea Magnoliopsida
Orde: Fabales
Familia: Fabaceae
Subfamilia: Faboideae
Tribo: Loteae
Xénero: Lotus
L. 1753
Especies

Entre 70-150 spp.; véxase no texto

Sinonimia

Lotus é un xénero de aproximadamente 150 especies de leguminosas distribuídas cosmopolitamente. Os seus membros están adaptados a diferentes hábitats, de medios costeiros a altas altitudes. Moitas especies teñen follas con tres folíolos, hainas tamén con dúas grandes estípulas na base, aproximadamente iguais en tamaño aos folíolos, aparentando ter cinco folíolos; algunhas especies teñen follas pinnadas con máis de 15 folíolos. As flores están en ramos de 3-10, xuntas no apex do talo con algunhas brácteas foliosas basais, de vívidos cores amarelas ou laranxas, ocasionalmente vermellas.

As especies de Lotus son alimento de larvas dalgunhas especies de Lepidoptera (bolboretas).

Especies[editar | editar a fonte]

Usos[editar | editar a fonte]

Pasto con Lotus corniculatus.

Moitas especies cultívanse como forraxeiras, incluíndo corniños (L. corniculatus), L. glaber, L. uliginosus. Existen algúns estudos para mellorar o cultivo e mellorar rendementos do xénero coa especie L. japonicus (especie tipo), baixo un proxecto de secuenciación xenómica.

Poden producir glicósidos cianoxénicos que poden ser tóxicos para o gando, mais tamén producen taninos, e beneficiosos compoñentes antiedematosos.

Algunhas especies, como L. berthelotii das Illas Canarias, son plantas ornamentais. L. corniculatus é unha especie invasora en rexións de América e Australia.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Lotus (xénero)". Departamento de Agricultura dos Estados Unidos: Germplasm Resources Information Network (GRIN). Arquivado dende o orixinal o 07 de maio de 2009. Consultado o 13 de decembro de 2010. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]