Nati Mistral

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Natividad Macho Álvarez
Nati Mistral 01.JPG
Nati Mistral en 1976
Nome completoNatividad Macho Álvarez
Alcume/outrosNati Mistral
Nacemento13 de decembro de 1928
LugarMadrid, España
Falecemento20 de agosto de 2017 (88 anos)
LugarMadrid, España
Causacerebral infarction
NacionalidadeEspaña
Cónxuxe(s)Joaquín Vila Puig (1959-1995)[1][2]
ProfesiónActriz e cantante
editar datos en Wikidata ]

Natividad Macho Álvarez, nada o 13 de decembro de 1928 en Madrid e finada o máis coñecida o 20 de agosto de 2017 na mesma cidade,[3] foi unha actriz e cantante española máis coñecida polo seu nome artístico de Nati Mistral.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nati Mistral.

A actriz e cantante debe o seu apelido artístico á escritora Gabriela Mistral (1889-1945), da que súa nai era grande admiradora. Nos seus inicios, foi meritoria no Teatro Español, pasou pola emisora RADIO SEU e, cursou estudos de música, canto e declamación. Non obstante, tivo que saír fóra de España para que os directores se fixaran nela. Coa compañía Los Vieneses marchou a Alemaña, actuando como cantante. Foi Luis Escobar quen lle proporcionou o seu primeiro éxito importante ao contratala en 1957 para a revista musical Te espero en el Eslava e un ano despois, a súa continuación Ven y ven al Eslava. Xuntos tiveron novos éxitos nos anos seguintes cos musicais La Bella de Texas ou La Perrichola. Nati Mistral pode ser considerada a pioneira dos grandes musicais en España: protagonizou a primeira versión presentada en Madrid de El hombre de La Mancha, baixo dirección de José Osuna, en 1966.

Durante toda a súa carreira compaxinou a música co teatro, gravando cancións tan populares como Flor de té; Bajo los puentes de París; Mala entraña; Agua que no has de beber; Paisajes de Catamarca; Tata Dios; Guitarra, dímelo tú; Yo vi llorar a Dios; No soy de aquí; Bien se ve; El corralero; e La balada para un Loco. Cantou tamén unha das versións máis castizas da zarzuela La Gran Vía.

Triunfou como actriz dramática en producións de Divinas palabras, coa que se inaugurou o Teatro Belas Artes en 1961, Fortunata y Jacinta, 1969; Medea, 1970; Isabel Reina de Corazones, 1983, La Chunga, 1987; Los padres terribles, 1995; Café cantante, 1997; La Malquerida, 2000; La Celestina, 2001 e, máis recentemente, La Dorotea, 2001; Inés desabrochada, 2004, La duda, 2006 e Tras las huellas de Bette Davis, 2007. En Buenos Aires foi empresaria do seu propio teatro –o Avenida- xunto ao actor Alberto Closas.

Menos frecuentes foron as súas aparicións no cine, aínda que rodou, entre outras películas, Maria Fernanda la Jerezana (1946); Las inquietudes de Shanti Andía (1947); Currito de la Cruz (1949) ou Mi Buenos Aires querido (1962).

Galardóns[editar | editar a fonte]

Entre os numerosos premios que recibiu encóntranse o Lazo de Dama de Isabel a Católica, o Premio da Asociación de Críticos de Nova York en 1970, o Nacional de Teatro en 1997, Premio Mayte, na súa categoría de Honra á súa traxectoria artística en 2006, a Medalla de Ouro das Belas Artes, en 2007, e tamén en 2007 o XI Premio Nacional de Teatro Pepe Isbert que concede AMITE, a Asociación Nacional de Amigos dos Teatros de España.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Hemeroteca El País
  2. Hemereca ABC
  3. "Muere Nati Mistral a los 88 años". El País. 20 de agosto de 2017. Consultado o 20 de agosto de 2017. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]