José Isbert

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
José Isbert
1921-03-27, La Novela Teatral, José Isbert, Tovar.jpg
Nacemento3 de marzo de 1886
LugarMadrid
Falecemento28 de novembro de 1966
LugarMadrid
CausaDoenza cardiovascular
NacionalidadeEspaña
FillosMaría Isbert
Profesiónactor, actor de teatro e actor de cinema
editar datos en Wikidata ]

José Ysbert Alvarruiz, nado en Madrid o 3 de marzo de 1886 e finado en Madrid o 28 de novembro de 1966, foi un actor de cine español, máis coñecido polo nome artístico de José Isbert ou Pepe Isbert. Foi o pai da actriz María Isbert.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Pasou boa parte da súa infancia en Tarazona de la Mancha (provincia de Albacete), de onde era a súa familia. Obtivo o título de Profesor de comercio e comezou a traballar como tal, chegando a ser membro do Tribunal de Contas, mais decidiu deixar todo e dedicarse á interpretación.

Tivo o seu primeiro papel no Teatro Apolo de Madrid, coa obra El iluso Cañizares. Pouco despois comezou a traballar no Teatro Lara, onde realizou varias funcións con éxito e recoñecemento da crítica. Neste teatro participou en obras como La ciudad alegre y seguros, La Inmaculada de los Dolores ou La señorita de Trevélez, esta última do dramaturgo Carlos Arniches, de quen José Isbert foi familia.

En 1912 fixo o seu debut no cine coa película Asesinato y entierro de don José Canalejas, no papel do anarquista Pardiñas. Non quixo volver actuar no cine mudo, e centrouse no teatro. Coa chegada do cine sonoro participou en La pura verdad (1931), se ben seguiu participando en obras teatrais de éxito como El señor Badanas de Carlos Arniches, ou Angelina o el honor de un brigadier.

Na década de 1940 participou en películas como El testamento del virrey ou Contrato de silencio. Nas décadas de 1950 e 1960 tivo a súa época dourada, especialmente desde o seu papel de alcalde na película Bienvenido, Mr. Marshall, El verdugo, Los jueves milagro ou El cochecito. Representaba un personaxe con pouca cultura, sinxelo e agradable. Tamén participou en La gran familia, no que actuaba como avó, que tivo dúas secuelas.

Ao longo da súa carreira profesional recibiu diversos premios e recoñecementos. Amais de ser pai da actriz María Isbert, os seus netos tamén están relacionados co mundo do cinema: Tony, Carlos Isbert son actores, e José S. é actor, dramaturgo e guionista.[1]

Filmografía[editar | editar a fonte]

  • El bailarín y el trabajador (1936)
  • Alma de Dios (1941)
  • Aventura (1942)
  • Orosia (1942)
  • La vida empieza a medianoche (1944)
  • Ella, él y sus millones (1944)
  • La familia Vila (Ignasi Ferrés i Iquino, 1949)
  • Pacto de silencio (1949)
  • Séptima página (1950)
  • El capitán Veneno (1950)
  • Lola la Piconera (1951)
  • Ronda española (1951)
  • Cerca de la ciudad (1952)
  • Aeropuerto (1953)
  • Bienvenido, Mister Marshall (Luis García Berlanga, 1953)
  • Así es Madrid (1953)
  • Un caballero andaluz (1954)
  • Aventuras del barbero de Sevilla (1954)
  • Historias de la radio (José Luis Sáenz de Heredia, 1955)
  • Fulano y Mengano (1956)
  • Manolo, guardia urbano (1956)
  • Lo que cuesta vivir (1957)
  • Los ángeles del volante (Ignasi F. Iquino, 1957)
  • Los jueves, milagro (Luis García Berlanga, 1957)
  • Despedida de soltero (1958)
  • Vida sin risas (1959)
  • Don José, Pepe y Pepito (1959)
  • Don Lucio y el hermano Pío (1960)
  • El cochecito (1960)
  • Margarita se llama mi amor (1961)
  • Los dinamiteros (1962)
  • El sol en el espejo (1962)
  • Cuando estalló la Paz (1962)
  • La gran familia (1962)
  • Sabían demasiado (1962)
  • El verdugo (Luis García Berlanga, 1963)

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]