Nancy Fraser

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaNancy Fraser

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento20 de maio de 1947 Editar o valor em Wikidata (76 anos)
Baltimore (Estados Unidos de América) Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónCUNY Graduate School and University Center (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoTeoria social (pt) Traducir, teoria política (pt) Traducir, Teoría feminista e Estudos de xénero Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónfilósofa , socióloga , profesora universitaria , politicóloga Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade Northwestern (pt) Traducir
Universidade Stanford
Universidade da Geórgia (pt) Traducir
Universidade de Groningen (pt) Traducir
The New School (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
Influencias
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Participou en
maio de 2015Manifesto de apoio a Barcelona em Comum (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm12015115 Dialnet: 555664 Editar o valor em Wikidata

Nancy Fraser, nada en Baltimore (Maryland) o 20 de maio de 1947, é unha filósofa política, intelectual pública e feminista estadounidense. Exerceu como profesora de ciencias políticas e sociais. Na actualidade é profesora de filosofía en The New School en Nova York. É ampliamente coñecida polas súas críticas e contribucións teóricas no ámbito da filosofía política, especialmente en cuestións de política da identidade, sobre o constructo de xusticia social e a teoría feminista.

Concepto de xusticia social[editar | editar a fonte]

Fraser considera a xustiza social como un concepto complexo que comprende varias dimensións interrelacionadas: a distribución de recursos, o recoñecemento e a representación.[1] En termos xerais, Fraser defende un enfoque neopragmático que permita unha análise democrática das institucións e dos movementos sociais. As súas contribucións teóricas baséanse na teoría feminista, a teoría crítica e o posestructuralismo.[2]

Fraser argumenta que un gran número de movementos sociais nos anos 60 e 70 fixeron afirmacións relacionadas coa raza, o xénero, a orientación sexual e a etnia. Neste contexto, o enfoque en corrixir o non recoñecemento destas cuestións eclipsou a importancia dos problemas de mala distribución. O foco excesivo nas cuestións de identidade desviou a atención dos efectos do neoliberalismo, da acumulación de capital e da crecente desigualdade económica que caracteriza a moitas sociedades.

O posicionamiento feminista de Nancy Fraser[editar | editar a fonte]

Nun traballo recente, Fraser vai máis aló e relaciona o estreitamento do foco nas cuestións da identidade coa crecente brecha entre ricos e pobres, aludindo particularmente ao feminismo liberal, ao cal Fraser chama "servente (handmaiden) do capitalismo". Reflexionando sobre o libro Lean In, de Sheryl Sandberg, a autora explica que:

Para min, o feminismo non é simplemente un asunto de poñer un puñado de mulleres individuais en postos de poder e privilexio dentro da actual xerarquía social. É ir máis aló e superar estas xerarquías. Isto require desafiar as fontes estruturais da dominación de xénero na sociedade capitalista, sobre todo, a institucionalización de supostamente dous tipos de traballo: por unha banda, aquela chamada traballo produtivo, historicamente asociado con homes e remunerado a través de salarios; polo outro lado, as actividades de coidar, habitualmente non remuneradas e aínda executadas principalmente por mulleres. Desde o meu punto de vista, esta división jerarquizada e generizada da produción e a reprodución é unha estrutura que define a sociedade capitalista e unha fonte profunda de asimetrías de xénero imbricada nela. Non pode haber emancipación da muller mentres estas estruturas se manteñan intactas.

Notas[editar | editar a fonte]