Nakatsugawa (中津川市, なかつがわし, Nakatsugawa-shi) é un concello da prefectura de Gifu no Xapón. Está situado ao centro da rexión de Chūbu e da rexión de Tōkai, e ao sur da prefectura, na zona da provincia histórica de Mino, no centro da illa de Honshū. A súa superficie é de 676,38km², a poboación de 82.317 habitantes (2009) e ten unha densidade de poboación de 122 h/km².