Nadia Al-Sakkaf

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaNadia Al-Sakkaf

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(ar) نادية عبد العزيز السقاف Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento8 de marzo de 1977 Editar o valor em Wikidata (47 anos)
Iemen Editar o valor em Wikidata
Minister of Information (en) Traducir
7 de novembro de 2014 – maio de 2015
Gabinete ministerial: First Khaled Bahah Cabinet (en) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeIemen Editar o valor em Wikidata
RelixiónIslam Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Reading
Universidade de Stirling
Birla Institute of Technology, Mesra (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica , xornalista Editar o valor em Wikidata
LinguaÁrabe e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Participou en
20 de xaneiro de 2020Encontro Anual do Foro Económico Mundial de 2020 Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiAbdulaziz Al-Saqqaf (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

TED: nadia_al_sakkaf Editar o valor em Wikidata
Notes

Nadia Al-Sakkaf (árabe: نادية عبد العزيز السقاف ) nada o 8 de marzo de 1977, é unha exministra e política iemení. Foi redactora xefe do Yemen Times desde 2005 até 2014, antes de converterse na primeira ministra de Información do Iemen. Fuxiu do seu país en 2015 despois do golpe de estado e actualmente é investigadora independente en política, medios, desenvolvemento e estudos de xénero con sede no Reino Unido. En 2011, Al-Sakkaf deu unha popular charla TED chamada "Ver o Iemen a través dos meus ollos" que tivo máis de medio millón de visitas e foi traducida a 34 idiomas.[1][2]

Infancia e formación[editar | editar a fonte]

Al-Sakkaf naceu en marzo de 1977. Os seus pais foron Aziza e Abdulaziz Al-Saqqaf.[3] O seu pai era profesor de economía na Universidade de Saná, fundador da Organización Árabe de Dereitos Humanos e fundou o Yemen Times en 1990. Ten dous irmáns e unha irmá.[4] Licenciouse en Ciencias da Computación no Birla Institute of Technology na India, fixo un máster en Administración de Sistemas de Información na Universidade de Stirling no Reino Unido e un doutoramento en ciencias políticas na Universidade de Reading.[5]Mentres estudaba colaborou con Amnistía Internacional.[6]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Al-Sakkaf traballou como analista de sistemas no Arab Experts Center for Consultancy and Systems. En xullo de 2000 incorporouse ao Yemen Times como tradutora e reporteira. O seu pai, fundador dese xornal, morreu en 1999 tras ser atropelado por un automóbil, aínda que Al-Sakkaf e o seu irmán cren que foi asasinado por oporse ao réxime do presidente Ali Abdullah Saleh.[3][7] Converteuse en editora asistente en setembro de 2000.[6]

Al-Sakkaf traballou nun programa humanitario de Oxfam en 2003. En marzo de 2005 converteuse na redactora xefe do Yemen Times. En 2011, durante a Primavera Árabe no Iemen, Al-Sakkaf e o seu equipo participaron en protestas esixindo que Ali Abdullah Saleh renunciase e desempeñaron un papel importante en informar sobre a Revolución Iemení ao resto do mundo. Al-Sakkaf é membro do Sindicato de Xornalistas Iemenís e do Sindicato Internacional de Xornalistas. É unha defensora dos dereitos das mulleres: contrata a mulleres xornalistas para conseguir equilibrio de xénero entre o persoal do xornal e publica artigos sobre temas como a mutilación xenital feminina.[8][9][10]

En 2012 lanzou Radio Yemen Times, unha estación de radio FM que foi a primeira plataforma pública gratuíta de expresión do Iemen e que transmite dez horas ao día como alternativa aos medios de comunicación estatais. En 2014 lanzou Radio Lana, a primeira radio comunitaria no sur do Iemen.[11]

Al-Sakkaf foi nomeada ministra de Información do primeiro ministro Khalid Bahah en 2014.[12]O 20 de xaneiro de 2015, cando os combatentes hutíes irromperon na capital e tomaron o control de todos os medios de comunicación, recorreu a Twitter para informar do golpe. Máis tarde dixo: "Sentínme máis como unha reporteira que como unha ministra de información. Non estaba asustada nese momento, pero estíveno despois cando me dei conta das implicacións. O meu nome estaba en todas partes. Tiven máis de 20.000 seguidores máis en Twitter nun día".[13] En maio de 2015 exiliouse en Riad como membro do goberno iemení recoñecido internacionalmente que buscaba restaurar no poder ao presidente Abdrabbuh Mansur Hadi. Actualmente é a directora do Foro Iemen 21, unha ONG de desenvolvemento con sede en Saná.[14]

Al-Sakkaf publicou cumpridamente sobre política, medios de comunicación e desenvolvemento. Ten moitos artigos de investigación e política, capítulos de libros e é autora de dous libros sobre o apoderamento das mulleres iemenís. Tamén publicou unha colección de libros sobre as experiencias das mulleres iemenís como candidatas electorais dispoñible en árabe e inglés.

É membro de varias plataformas locais e internacionais como o Sindicato de Xornalistas Iemenís, Mulleres sen Fronteiras e a Iniciativa Islámica de Mulleres en Espiritualidade e Igualdade.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Al-Sakkaf foi a primeira gañadora do premio Gebran Tueni en 2006, outorgado pola Asociación Mundial de Xornais e Editores de Noticias e polo xornal An-Nahar en Beirut. Recibiu o premio Free Media Pioneers Award do Instituto Internacional de Prensa de Viena en nome do Yemen Times ese mesmo ano.[15]En 2013, recibiu o premio Oslo Business for Peace, un premio outorgado polos gañadores dos premios Nobel de Economía e Paz e que se concede aos líderes do sector privado que "demostraron un cambio transformador e positivo a través de prácticas comerciais éticas". [10] Foi recoñecida pola BBC como unha das "100 mulleres que cambiaron o mundo" en 2013.[16][17]Tamén foi elixida polo Foro Económico Mundial como unha das novas líderes mundiais distinguidas de 2015.[18]

A súa charla TED "Iemen a través dos meus ollos" é un dos vídeos máis coñecidos sobre Iemen.

Obras[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Al-Sakkaf, Nadia (Xullo de 2011). "See Yemen through my eyes". ted.com. Consultado o 6 de xaneiro de 2017. 
  2. Vasseur, Flore (21 de agosto de 2012). "The Siblings Fighting For Freedom of Expression in Yemen". Consultado o 6 de xaneiro de 2017. 
  3. 3,0 3,1 Abu-Fadil, Magda (25 de maio de 2011). "Nadia al-Sakkaf: Yemen Times Editor on a Mission". Consultado o 6 de xaneiro de 2017. 
  4. "Family". Arquivado dende o orixinal o 28 de marzo de 2004. Consultado o 28 de marzo de 2021. 
  5. "Nadia Al-Sakaaf". The New Arab. 
  6. 6,0 6,1 "Muslim Women: Past and Present". Women's Islamic Initiative in Spirituality and Equality. Arquivado dende o orixinal o 21 de decembro de 2016. Consultado o 6 de xaneiro de 2017. 
  7. Sheehy, Gail (3 de abril de 2014). "Editor on Fire". Consultado o 6 de xaneiro de 2017. 
  8. Friedson, Felice (17 de febreiro de 2012). "Interview: 'Yemen Times' editor Nadia Al-Sakkaf". Consultado o 6 de xaneiro de 2017. 
  9. Heydarpour, Roja (10 de abril de 2014). "Nadia Al-Sakkaf: How the Arab Spring empowered women". Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2017. Consultado o 6 de xaneiro de 2017. 
  10. 10,0 10,1 "Nadia Al Sakkaf, Chief editor of Yemen Times, receives Business for Peace Award". International Media Support. 23 de maio de 2013. Consultado o 6 de xaneiro de 2017. 
  11. "Radio Lana". 21 de agosto de 2020. Consultado o 21 de agosto de 2020. 
  12. "Yemen clashes throw capital into chaos". Al Jazeera. 19 de xaneiro de 2015. Consultado o 6 de xaneiro de 2017. 
  13. Black, Ian (21 de maio de 2015). "How Yemen information minister's tweets broadcast the fall of Sana'a". Consultado o 6 de xaneiro de 2017. 
  14. "Nadia al-Sakkaf". The Washington Institute. 
  15. "IPI names “Yemen Times” Free Media Pioneer 2006". 5 de maio de 2006. Consultado o 21 de agosto de 2020. 
  16. "Nadia Al Sakkaf – a Yemeni Businesswoman receives Business for Peace Award, honored on May 14th at Akershus Nobel Prize Fortress in Oslo". UNDP. 14 de maio de 2013. Arquivado dende o orixinal o 07 de xaneiro de 2017. Consultado o 6 de xaneiro de 2017. 
  17. "100 Women: Who took part?". BBC. 22 de novembro de 2013. Consultado o 6 de xaneiro de 2017. 
  18. "Meet the 2015 Class of Young Global Leaders". 23 de maio de 2015. Consultado o 21 de agosto de 2020.