Nélson Évora
Nélson Évora | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 20 de abril de 1984 |
Lugar de nacemento | Abidjan |
Nacionalidade | Portugal |
Relixión | Fe Bahá'í |
Ocupación | atleta |
Premios | Grã-Cruz da Ordem do Mérito e Gran Cruz da Orde do Infante Don Enrique |
Na rede | |
http://www.nelson-evora.com/ | |
![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Nélson Évora, nado o 20 de abril de 1984 en Costa do Marfil, é un atleta portugués, especialista en triplo salto.
Traxectoria deportiva[editar | editar a fonte]
En 2001 competiu por primeira vez a nivel internacional representando a Cabo Verde (onde viviu os primeiros anos da súa vida), durante o Festival Olímpico da Mocidade Europea. Pero non é ata 2003 cando empeza a colleitar triunfos de importancia, xa representando a Portugal, cando se coroa como campión de Europa júnior en salto de lonxitude e triplo salto nos campionatos celebrados en Tampere (Finlandia).
En 2004, xa centrado no triplo salto, consegue o bronce nos Europeos sub-23 de Erfurt (Alemaña) e consegue a mínima para os Xogos de Atenas, se ben non se cualifica para a final. En 2005 participa nos mundiais de 2005 en Helsinqui (14º, fóra da final), e ao ano seguinte, nos mundiais de 2006 en pista cuberta, celebrados en Moscova, acada a sexta praza, mentres que nos europeos dese ano en Gotemburgo queda cuarto no triplo (17,07 m) e sexto en lonxitude (7,91 m). Nos europeos de pista cuberta de 2007, en Birmingham, quedou quinto no triplo logo de lesionarse no primeiro salto.
A consagración chegoulle o 27 de agosto de 2007 ao acadar o título de campión do mundo de triplo nos mundiais de Osaca, en 2007, cunha marca de 17,74 m, que supuña récord de Portugal. Malia estar seleccionado na proba de salto de lonxitude, non chegou a competir na rolda de clasificación para descansar e prepararse para a Golden League.
Predecesor: Walter Davis |
![]() triplo salto 2007 en Osaca |
Sucesor: - |
Milita no Benfica de Lisboa e posúe o récord portugués de triplo e de lonxitude, batendo as súas propias marcas varias veces. Tamén conserva os récords caboverdianos destas especialidades, obtidos en 2002.
Resultados[editar | editar a fonte]
Ano | Competición | Lugar | Posto | Marca |
---|---|---|---|---|
2002 | Campionato Mundial Júnior | Kingston | 6º en Triplo | 15.87 m. |
2003 | Campionato Europeo Júnior | Tampere | 1º en Triplo 1º en Longitud |
16.43 m. |
2004 | Campionato Mundial Indoor | Budapest | Eliminado | 16.30 m. |
2004 | Xogos Olímpicos | Atenas | Eliminado | 15.72 m. |
2005 | Campionato Mundial | Helsinqui | Eliminado | 16.60 m. |
2006 | Campionato Mundial Indoor | Moscova | 6º en Triplo | 17.14 m. |
2006 | Campionato Europeo | Gotemburgo | 4º en Triplo 6º en Longitud |
17.07 m. |
2007 | Campionato Europeo Indoor | Birmingham | 5º en Triplo | 16.97 m. |
2007 | Campionato Mundial | Osaka | 1º en Triplo | 17.74 m. |
2007 | Final Mundial da IAAF | Stuttgart | 3º en Triplo | 17.30 m. |
2008 | Campionato Mundial Indoor | Valencia | 3º en Triplo | 17.27 m. |
2008 | Xogos Olímpicos | Pequín | 1º en Triplo | 17.67 m. |
2009 | Campionato Mundial | Berlín | 2º en Triplo | 17.55 m. |
Datos persoais[editar | editar a fonte]
É crente da relixión bahaísta.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
Official Website: https://web.archive.org/web/20080326195711/http://www.nelson-evora.com/