Saltar ao contido

My Own Private Idaho

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

My Own Private Idaho
 Título
My Own Private Idaho Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Lingua orixinal
 Cor
Autoría
 Director/a
 Compositor/a
 Guionista
 Director/a fotografía
 Editor/a de cine
Temática
 Tema principal
 Ambientado en
 Inspirado na obra de
Publicación
 Compañía produtora
 Distribuidor/a
 Recadación
6.406.097 $ Editar o valor en Wikidata
 Custo
2.500.000 $ Editar o valor en Wikidata
 Formato de distribución
 Puntuación da crítica
80% Rotten Tomatoes (27 de outubro de 2024)
77/100 Metacritic (26 de febreiro de 2024)
7.7/10 Rotten Tomatoes (6 de outubro de 2021) Editar o valor en Wikidata
Datas
 Data de publicación
28 de novembro de 1991 (Alemaña)
20 de xullo de 1991
1991 Editar o valor en Wikidata
Dimensión
Duración102 min Editar o valor en Wikidata
Localización
 Lugar de rodaxe
 País de orixe
Identificadores
ISAN0000-0000-7179-0000-H-0000-0000-N Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/02vrpz Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Redes
IMDB: tt0102494 Filmaffinity: 254537 Allocine: 1780 Rottentomatoes: m/my_own_private_idaho Mojo: myownprivateidaho Allmovie: v34109 TCM: 84382 Metacritic: movie/my-own-private-idaho TV.com: movies/my-own-private-idaho Netlix: 60035031 Editar o valor en Wikidata
Wikidata

My Own Private Idaho é un filme estadounidense de 1991 escrito e dirixido por Gus Van Sant. Está vagamente baseado nas obras de Shakespeare Henrique IV, parte 1, Henrique IV, parte 2 e Henrique V. Conta a historia de dous amigos, Michael Waters e Scott Favor, interpretados por River Phoenix e Keanu Reeves respectivamente, que se embarcan nunha viaxe de descubrimento persoal que os leva dende Portland, Oregón até o fogar de Mike en Idaho, e posteriormente a Roma na procura da nai de Mike.

Van Sant escribiu orixinalmente o guión na década de 1970, mais desbotouno despois de ler a novela de John Rechy City of Night e concluír que o tratamento que Rechy facía do tema da prostitución masculina era mellor que o seu. Co paso dos anos, Van Sant escribiu de novo o guión, o cal comprendía dúas historias: unha na que Mike busca a súa nai, e outra a vida de Scott é unha interpretación moderna das obras de Henrique IV. Van Sant tivo dificultades para atopar financiamento de Hollywood, e chegou a considerar en facer o filme cun orzamento minúsculo cun elenco composto por mozos reais da rúa. Porén, despois de enviarlle copias do guión a Reeves, e logo de que Reeves llas amosase a Phoenix, ámbolos dous acordaron interpretar no filme.

My Own Private Idaho estreouse na 48ª edición do Festival Internacional de Cinema de Venecia, e recibiu valoracións moi positivas por parte da crítica, como Roger Ebert e os críticos de The New York Times e Entertainment Weekly. O filme tivo un éxito moderado de recadación, recadando máis de 6,4 millóns de dólares en América do Norte, por enriba do seu orzamento estimado de 2,5 millóns de dólares. Phoenix recibiu numerosos premios pola súa interpretación no filme, incluíndo o Volpi Cup ó mellor actor no Festival de Venecia, o Best Male Lead dos Premios Independent Spirit, e o premio ao mellor actor no National Society of Film Critics.

My Own Private Idaho é considerado un fito no movemento do Novo Cinema Queer, un movemento de cinema independente de comezos da década de 1990.[1] Dende a súa estrea en 1991, o filme conseguiu unha gran popularidade e converteuse nun clásico de culto, especialmente entre a audiencia LGBT. O filme salienta pola súa temática, tabú naquela época, e polo seu estilo vangardista.[2][3]

Personaxes

[editar | editar a fonte]
  1. Smith, Nathan (5 de febreiro de 2015). Times Higher Education, ed. "Twenty-five years of New Queer Cinema". Consultado o 4 de abril de 2018. 
  2. Portwood, Jerry (25 de outubro de 2015). Out, ed. "The Enduring Power of My Own Private Idaho". Consultado o 4 de abril de 2018. 
  3. Collins, K. Austin (29 de setembro de 2016). "'My Own Private Idaho' Is a Queer Masterpiece". The Ringer. Consultado o 4 de abril de 2018. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]