Val do Oza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Val do Oza é unha bisbarra, natural e tradicional, situada ao sur da bisbarra do Bierzo, na provincia de León, dentro do concello de Ponferrada. Percórrea o río do que deriva o nome da bisbarra, o río Oza (Valdueza, val do Oza), que nace na aldea de Montes de Valdueza, nos Montes Aquilanos ao verter as súas augas ao río Sil. En varias publicacións acéptase a pertenza a esta bisbarra de aldeas que non se atopan dentro do val formado polo río Oza.[Cómpre referencia]

Igrexa de Santiago de Peñalba.

Foi o berce da Tebaida berciana (chamada así polos templos que se encontraban nesa zona, que recordaban, pola súa cantidade, á Tebas exipcia),[Cómpre referencia] estando administrativamente dentro do Val do Oza, aínda que a superficie que abrangue sexa moito maior.

Entre os seus templos destacan a Igrexa de Santiago de Peñalba (xoia mozárabe) e o Mosteiro de San Pedro de Montes.

Mosteiro de San Pedro de Montes.

Como chegar[editar | editar a fonte]

Partindo de Ponferrada, tómase a dirección que leva ao barrio da Puente Boeza, cruzando a devandita ponte tómase a estrada que sae á esquerda. A 100 metros hai outro cruzamento, collemos a estrada da dereita en dirección San Lorenzo del Bierzo, unha vez pasada esta aldea comeza unha suba que ao seu remate permítenos considerar a entrada ao Val do Oza e ao noso pé San Esteban de Valdueza.

Aldeas da Bisbarra de Valdueza[editar | editar a fonte]

Forman parte desta bisbarra as seguintes aldeas. Todas elas pertencen ao concello de Ponferrada agás a de Ferradillo, que pertence ao de Priaranza do Bierzo. Faise unha diferenciación entre as que se encontran dentro do val propiamente dito e as que se inclúen en varias publicacións como parte da bisbarra de Valdueza aínda que non se encontren bañados polo río Oza ou os seus afluentes.

Aldeas da bisbarra de Valdueza dentro do Val e a conca do río Oza e os seus afluentes[editar | editar a fonte]

Aldeas que adoitan incluírse na bisbarra de Valdueza e que non pertencen ao Val do río Oza ou á súa conca hídrica[editar | editar a fonte]

Val de Compludo[editar | editar a fonte]

Nota: a súa pertenza a esta bisbarra é discutida.[Cómpre referencia]

Los Barrios[editar | editar a fonte]

Nota: a súa pertenza a esta bisbarra é discutida.[Cómpre referencia]

Outros vales[editar | editar a fonte]

Nota: a súa pertenza a esta bisbarra é discutida.[Cómpre referencia]

Hidrografía[editar | editar a fonte]

Varios regueiros dan as súas augas ao río Oza. Dende Peñalba de Santiago verten as súas augas os regueiros: Haro e Silencio, este último recibe o nome do Val do Silencio, declarado Paisaxe Pintoresca.[Cómpre referencia] Dende Montes de Valdueza e Manzanedo regueiros homónimos verten as súas augas xunto con outros moitos regueiros, algún sen nome.

Do río Oza, durante décadas, a cidade de Ponferrada e os seus arredores, tomaron a auga para consumo humano, auga de gran calidade.[Cómpre referencia] Actualmente inténtase reducir ao máximo a auga captada para evitar (como xa sucedeu) superar o mínimo ecolóxico, captándose auga dende o encoro de Barcena.[Cómpre referencia]

Val do Silencio.

Arquitectura[editar | editar a fonte]

Un dos seus principais sinais de identidade é a súa arquitectura popular que comparte, en gran parte, con outras zonas do Bierzo, especialmente o sur do Bierzo. Son construcións coñecidas como casas nativas caracterizadas por tellados (chamados lousados) de lousa; muros de pedra (pedra calcaria-marmórea en Peñalba de Santiago e Montes de Valdueza principalmente); corredores en beiril, moitas veces con acceso a través de escaleira exterior, que poden ser abertos ou, habitualmente, pechados, debido aos rigores invernais; corte para gando e cortes e/ou adega no piso inferior; é bastante habitual a existencia de fornos situados nun extremo da edificación con forma redondeada ao exterior. A planta adoita ser cadrada coas esquinas redondeadas ao exterior.

Actualmente estanse a corrixir (sobre todo en Peñalba de Santiago, que goza dunha protección especial) os atentados estéticos producidos polo uso de materiais modernos (uralita, aluminio...) nas edificacións tradicionais.[Cómpre referencia]