Saltar ao contido

A Virxe do Camiño, Muros, Muros

A Virxe do Camiño

Santuario da Virxe do Camiño Editar o valor en Wikidata
ParroquiaMuros
ConcelloMuros
Coordenadas42°46′58″N 9°03′56″O / 42.782907050836, -9.0655997174355
Poboación194 hab. (2013)
editar datos en Wikidata ]

A Virxe do Camiño é un lugar da parroquia de Muros no concello coruñés de Muros, na comarca de Muros. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 194 habitantes (89 homes e 105 mulleres).

Toponimia

[editar | editar a fonte]

O topónimo A Virxe do Camiño débese á presenza no lugar do santuario da Virxe do Camiño, da Baixa Idade Media.

Patrimonio

[editar | editar a fonte]

O santuario da Virxe do Camiño, de estilo gótico, foi construído cara ao século XV. Acolle unha imaxe da Virxe, atopada segundo a tradición nunha praia veciña. A planta é rectangular, composta por unha soa nave dividida en catro tramos por tres arcos apuntados. No exterior ten grosos contrafortes e uns grandes canzorros de inspiración románica.

A carón da fachada principal está anexo o edificio que correspondeu ao antigo Hospital de Lazarados, que tamén servía lugar de acollida para os peregrinos que dende Santiago de Compostela se dirixían a Fisterra pola costa.

Lugares e parroquias

[editar | editar a fonte]

Lugares de Muros

[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia de Muros no concello de Muros (provincia da Coruña)

A Alivía | Campo de Cortes | O Espírito Santo | Miraflores | O Muíño do Vento | Muros | San Roque | A Virxe do Camiño

Parroquias de Muros

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Muros

Abelleira (Santo Estevo) | Esteiro (Santa Mariña) | Louro (Santiago) | Muros (San Pedro) | Serres (San Xoán) | Sestaio (San Miguel) | Tal (Santiago) | Torea (San Xián)