Muhammed Faris

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Muhammed Faris
Muhammed Ahmed Faris.jpg
Datos persoais
Nacemento26 de maio de 1951
LugarAlepo
Actividade
MisiónsSoiuz TM-2 e Soiuz TM-3
Tempo no espazo7,96 días
PremiosOrde de Lenin, Heroe da Unión Soviética e Medalla "Por Méritos na Exploración do Espazo"
editar datos en Wikidata ]

Muhammed Ahmed Faris, nado en Alepo o 26 de maio de 1951, foi o primeiro astronauta sirio. Formou parte das misións Soiuz TM-2 e Soiuz TM-3. Pasou un total de 7,96 días no espazo.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Faris graduouse Escola Militar de Pilotos de Aleppo en 1973, chegando a ser coronel e piloto da Forza Aérea de Siria. Especializouse en navegación e foi elixido como primeiro sirio en ir ao espazo na misión Soiuz TM-3, durante a cal Faris viaxou ata a estación espacial Mir para facer diversos experimentos. Tras case oito días volveu á Terra na misión Soiuz TM-2.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Mark Wade (2019). "Faris, Muhammed Achmed" (en inglés). Consultado o 31 de marzo de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]