Saltar ao contido

Mir

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
 Mir
Imaxe do escudo de armas
Imaxe da planta
Imaxe
 Nome orixinal
Мир Editar o valor en Wikidata
 Uso
Datas
 Fundación / creación
1986 Editar o valor en Wikidata
 Lanzamento
19 de febreiro de 1986 Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
19 de febreiro de 1986lanzamento espacial (Baikonur Cosmodrome Site 200 (en) Traducir)
23 de marzo de 2001Deórbita da Mir (pt) Traducir
23 de marzo de 2001reentrada atmosférica Editar o valor en Wikidata
Localización
 Lugar de saída
 País
Identificadores
VIAF137696977 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0kzv7 Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons

Mir (en ruso: Мир, significa paz ou mundo) foi o nome da famosa estación espacial orixinalmente soviética, que despois do colapso da URSS pasou a ser rusa. Mir foi a primeira estación espacial de investigación habitada de forma permanente da historia, e a culminación do programa espacial soviético. Estaba previsto que funcionase tan só 5 anos; pero finalmente estivo operativa durante 13 anos. Grazas a numerosas colaboracións internacionais, foi accesible a cosmonautas e astronautas.[1][2]

A Mir foi ensamblada en órbita ao conectar de forma sucesiva distintos módulos, cada un lanzado de forma separada dende o 19 de febreiro de 1986 ata o ano 1996. Estaba situada nunha órbita entre os 300 e 400 quilómetros da superficie terrestre, orbitando completamente a Terra en menos de dúas horas. Serviu como laboratorio de probas para numerosos experimentos científicos e observacións astronómicas, establecendo récords de permanencia de seres humanos no espazo. Tras un incendio en febreiro de 1997, a estación empezou a quedar vella e obsoleta, coa consecuente cadea de fallos que puxo en marcha a súa desorbitación e desintegración na atmosfera. Foi destruída de forma controlada o 23 de marzo de 2001, precipitándose sobre o océano Pacífico.[1][2]

  1. 1,0 1,1 Mark Wade (2020). "Mir" (en inglés). Consultado o 20 de setembro de 2020. 
  2. 2,0 2,1 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Mir / DOS 7" (en inglés). Consultado o 20 de setembro de 2020. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]