Mosco de Siracusa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mosco de Siracusa
Nacementoséculo II a. C.
Lugar de nacementoancient Syracuse
Falecementoséculo II a. C.
Nacionalidadeancient Syracuse
Ocupaciónpoeta e escritor
Na rede
Bitraga: 2449
editar datos en Wikidata ]

Mosco de Siracusa (en grego Μόσχος Móskhos), nado en Siracusa, Sicilia, no século -II, foi un poeta pastoril grego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Segundo Suídas, foi discípulo de Aristarco de Samotracia, e polo seu estilo e temática bucólica foi seguidor e imitador de Teócrito. Mosco floreceu en torno ao ano -150 (Teócrito morreu no -260). A Mosco evócao Ateneo, e Xoán Estobeo recórdao nos seus Florilexios, atribuíndolle tres curtos poemas de inspiración bucólica que se titulan igual que os de Teócrito, Idilios,[1]. Na Antoloxía Palatina, atribúese a Mosco de Siracusa o Rogo de Amor[2].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Idilios.
  2. Texto inglés no sitio Theoi; ed. de 1912 de J.M. Edmonds

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]