Saltar ao contido

Obxectivos de Desenvolvemento Sostíbel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Obxectivos de Desenvolvemento Sostíbel
 Título
    Sustainable Development Goals (en) Editar o valor en Wikidata
 Nome curto
SDGs (en)
SDG (it)
ODS (es)
MTPTBV (vi)
ODD (ro)
ODS (ca)
SDGs (de)
CTR (sl)
ODS (pt)
ODD (fr) Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Subclase de
 Obxectivo
 Lista do elemento
Características
 Obra derivada
Datas
 Data de comezo
setembro de 2015 Editar o valor en Wikidata
 Data de remate
2030 Editar o valor en Wikidata
 Fundación / creación
xuño de 2012 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Precedido por
Implicados
 Creador/a
 Operador/a
Cifras e dimensións
 Cantidade
   17 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
VIAF2147118166526341213 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0r8knlf Editar o valor en Wikidata
 Páxina WEB
Wikidata C:Commons

Os Obxectivos de Desenvolvemento Sostíbel (ODS) son un grupo de obxectivos relativos ó desenvolvemento internacional futuro. Foron creados polas Nacións Unidas e promovidos coma Obxectivos Globais para o Desenvolvemento Sostíbel.

Substituíron os Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio que caducaron na fin de 2015. Os ODS abarcan de 2015 a 2030.

Vídeo de ONU Brasil sobre os obxectivos globais.

Hai dezasete obxectivos e 169 metas específicas para estes obxectivos.[1]

Obxectivos

[editar | editar a fonte]

En agosto de 2015, 193 países acordaron os seguintes 17 obxectivos:

[2]

Home sen fogar en Tokio.
  1. Pobreza cero: rematar coa pobreza en todas as súas formas, en todo o mundo.
  2. Fame cero: eliminar a fame, acadar a seguridade alimentaria, mellorar a nutrición e promover a sostibilidade na agricultura.
  3. Boa saúde: garantir unha vida saudábel para todos e procurar o benestar da poboación de todas as idades.
  4. Educación de calidade: garantir o acceso para todos a unha educación de calidade, equitativa e inclusiva, e proporcionar oportunidades de formación ó longo da vida.
  5. Igualdade de xénero: acadar a igualdade entre os xéneros e apoderar a todas as nenas e mulleres.
  6. Auga limpa e saneamento: garantir o acceso á auga e ó saneamento para todos e promover a súa xestión sostíbel.
  7. Enerxía renovábel e accesíbel: garantir o acceso seguro e estable a unha enerxía renovábel e sostíbel para todos.
  8. Bos empregos e economía: promover un crecemento que poida ser sostido e sostíbel que inclúa a todas as persoas, acadar o pleno emprego e garantir un traballo digno para todos.
  9. Innovación e boas infraestruturas: promover a construción de infraestruturas resilientes, a industrialización sostíbel e a innovación.
  10. Reducir a desigualdade: acadar unha redución da desigualdade, tanto entre países como dentro deles.
  11. Comunidades e cidades sostíbeis: acadar unhas cidades e poboacións seguras, inclusivas, resilientes e sostíbeis para todos.
  12. Uso responsábel dos recursos: promover e acadar uns patróns de produción e de consumo que sexan sostíbeis.
  13. Medidas climáticas: adoptar medidas de carácter urxente que sirvan para combater o cambio climático e as súas consecuencias.
  14. Océanos sostíbeis: acadar un uso sostíbel dos océanos e dos recursos mariños, de cara á súa conservación e desenvolvemento sostíbel.
  15. Usos do solo sostíbeis: protexer e restaurar os ecosistemas terrestres, acadar un uso e xestión sostíbeis dos bosques, reverter os procesos de desertización e degradación do solo, e deter a perda de biodiversidade.
  16. Paz e xustiza: construír sociedades pacíficas, xustas e inclusivas para todos, garantir o acceso universal á xustiza e traballar por unhas institucións efectivas e responsábeis de cara a un desenvolvemento sostíbel.
  17. Sociedades para o desenvolvemento sostíbel: robustecer as medidas para a implantación e promover unha sociedade global comprometida coa consecución dun desenvolvemento global sostíbel.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]