Saltar ao contido

Morganella morganii

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Morganella morganii
Clasificación científica
Dominio: Bacteria
Filo: Proteobacteria
Clase: Gammaproteobacteria
Orde: Enterobacteriales
Familia: Enterobacteriaceae
Tribo: Proteeae[1]
Xénero: Morganella
Fulton, 1943
Especie: M. morganii
Nome binomial
Morganella morganii
Winslow et al., 1919
Fulton, 1943
Brenner et al., 1978[2]
Subespecies

M. m. morganii
M. m. sibonii

Sinonimia
  • Proteus morganii
    (Winslow et al., 1919)
    Yale, 1939 (Listas Aprobadas 1980).)
    [2][3]

Morganella morganii é unha especie de bacteria gramnegativa.[1] Ten unha relación de organismo comensal no tracto intestinal humano e doutros mamíferos e réptiles, nos que forma parte da flora normal.[1] Aínda que M. morganii ten unha ampla distribución, considérase unha causa pouco común de infeccións adquiridas na comunidade e encóntrase principalmente en infeccións postoperatorias e outras infeccións nosocomiais (hospitalarias) como infeccións do tracto urinario.[4]

Historia e sistemática

[editar | editar a fonte]

Morganella morganii descubriuna o bacteriólogo británico H. de R. Morgan en 1906, dándoselle o nome de bacilo de Morgan. Morgan illou a bacteria de feces de nenos que tiveran "diarrea estival".[5] Posteriormente, en 1919, Winslow et al. nomearon o bacilo de Morgan como Bacillus morganii. En 1936, Rauss renomeouno como Proteus morganii. Fulton, en 1943, sinalou que B. columbensis e P. morganii eran a mesma especie debido a hibridación e definiu o xénero Morganella.[6] Considerouse que M. morganii tlña dúas subespecies: M. m. morganii e M. m. columbensis.[7] Porén, en 1962, un artigo de revisión de Ewing informaba que M. columbensis fora reidentificada como Escherichia coli, polo que se retirou este organismo do xénero Morganella.[7] Hoxe, no xénero Morganella na LPSN acéptanse dúas especies: M. moganii e M. psychrotolerans, e dentro de M. morganii distínguense as subespecies M. m. morganii e M. m. sibonii.[3]

Microbioloxía

[editar | editar a fonte]
M. morganii crecendo en ágar sangue.

Morganella morganii é un organismo anaerobio facultativo e oxidase negativo. As súas colonias parecen de cor abrancazada e opaca cando crecen e placas de ágar.[8] As células de M. morganii son bacilos rectos duns 0,6–0,7 µm de diámetro e 1,0–1,7 µm de lonxitude. Móvese por medio de flaxelos peritricos, pero algunhas cepas non forman flaxelos a 30 °C.[9]

M. morganii pode producir o enzima catalase, polo que pode converter o peróxido de hidróxeno en auga e oxíxeno. Este é un enzima común que se encontra na maioría dos seres vivos. Ademais, dá positivo na proba do indol, polo que este organismo pode escindir o triptófano en indol, piruvato e amoníaco. As probas de vermello de metilo dan tamén positivo, o cal é unha substancia indicadora que se volve vermella en solucións ácidas.[8] Aínda que é un patóxeno humano raro, atopouse que M. morganii é o causante dalgunhas infeccións do tracto urinario, infeccións de feridas cirúrxicas nosocomiais, peritonite, infeccións do sistema nervioso central, endoftalmite, pneumonía, corioamnionite, sepse neonatal, piomiosite, fascite necrotizante e artrite. Describíronse numerosos casos de infeccións nosocomiais (hospitalarias), xeralmente infeccións en feridas postoperatorias ou infeccións do tracto urinario. Os pacientes nos cales se desenvolve bacteremia son normalmente persoas inmunocomprometidas ou de avanzada idade ou que tiñan polo menos unha doenza grave subxacente.

Papel destas bacterias

[editar | editar a fonte]

M. morganii é membro da tribo Proteeae (flora fecal normal que a miúdo causa infeccións en pacientes cuxa flora normal foi alterada por terapias con antibióticos)[10] da familia Enterobacteriaceae, con dúas subespecies: M. m. morganii e M. m. sibonii.[3] M. morganii foi xeralmente considerada un patóxeno oportunista inofensivo, pero algunhas cepas portan "plásmidos resistentes a antibióticos" e foron asociados con gromos de infeccións nosocomiais.[11] Varios informes indican que estas bacterias causan sepse, ectima, endoftalmite e corioamnionite e infeccións do tracto urinario máis complexas, infeccións de tecidos brandos, artrite séptica, meninxite e bacteremia, a miúdo con consecuencias mortais.[12]

Nun raro caso publicado en 2003, un paciente presentaba necrose bilateral das pálpebras superior e inferior. Con análise microbiana, nesas áreas demostrouse un forte crecemento de M. morganii.[13]

Tratamento e resistencia a antibióticos

[editar | editar a fonte]

O tratamento de infeccións por M. morganii pode consistir en administrar:

Un estudo realizado no hospital universitario de Heraklion, Creta, Grecia mostrou un 92% de éxito co uso destes antibióticos.[14]

Porén, algunhas cepas de M. morganii son resistentes á penicilina, ampicilina/sulbactam, oxacilina, cefalosporinas de primeira e segunda xeracións, macrólidos, lincosamidas, fosfomicina, colistina, e polimixina B.[4] A aparición destas cepas moi resistentes de M. morganii foi asociada co uso de cefalosporinas de terceira xeración.[4]

As infeccións polimicrobianas son causadas principalmente por este microbio, que ademais causa danos na pel, tecidos brandos e tracto uroxenital; estas doenzas poden curarse cos mencionados antibióticos.[14]

  1. 1,0 1,1 1,2 eMedicine. Morganella infections
  2. 2,0 2,1 UniProt. Morganella morganii (Proteus morganii)
  3. 3,0 3,1 3,2 List of Prokaryotic Names with Standing in Nomenclature (LPSN) Morganella
  4. 4,0 4,1 4,2 "Morganella infections". Medscape. Consultado o 5 December 2012. 
  5. Pulaski, E. J.; Deitz, G. W. (1940). "Morgan's bacillus septicemia". Journal of the American Medical Association 115 (11): 922. ISSN 0002-9955. doi:10.1001/jama.1940.72810370001008. 
  6. Chen, Yu-Tin; Peng, Hwei-Ling; Shia, Wei-Chung; Hsu, Fang-Rong; Ken, Chuian-Fu; Tsao, Yu-Ming; Chen, Chang-Hua; Liu, Chun-Eng; Hsieh, Ming-Feng; Chen, Huang-Chi; Tang, Chuan-Yi; Ku, Tien-Hsiung (2012). "Whole-genome sequencing and identification of Morganella morganii KT pathogenicity-related genes" (PDF). BMC Genomics 13 (Suppl 7): S4. ISSN 1471-2164. PMC 3521468. PMID 23282187. doi:10.1186/1471-2164-13-S7-S4. 
  7. 7,0 7,1 O'Hara CM, Brenner FW, Miller JM (13 October 2000). "Classification, identification, and clinical significance of Proteus, Providencia, and Morganella.". Clinical Microbiology Reviews. 4 13 (4): 534–546. PMC 88947. PMID 11023955. doi:10.1128/cmr.13.4.534-546.2000. 
  8. 8,0 8,1 Herrara, Jose. "Morganella morganii". Truman State University Biology. Truman State University. Arquivado dende o orixinal o 13 de decembro de 2012. Consultado o 6 December 2012. 
  9. "Morganella morganii". University of Windsor. Consultado o 6 December 2012. 
  10. Cunha MD, Burke. "Proteeae Infections". Merck Manual. Consultado o 8 December 2012. 
  11. Senior, W; S. Voros (1990). "Protein profile typing--a new method of typing Morganella morganii strains" (PDF). Journal of Medical Microbiology 33 (4): 259–264. PMID 1701835. doi:10.1099/00222615-33-4-259. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de setembro de 2011. Consultado o 14 de xuño de 2019. 
  12. Singla, Nidhi; Neelam Kaistha; Neelam Gulati; Jagdish Chander (Jul–Sep 2010). "Morganella morganii could be an important intensive care unit pathogen". Indian Journal of Critical Care Medicine 14 (3): 154–155. PMC 3021833. PMID 21253351. doi:10.4103/0972-5229.74176. 
  13. Shenoy MD; AU Shenoy; AM Rajay; ZH al Mahrooqui (2003). "Necrotic Periorbital Ulceration due to Morganella morganii" (PDF). Asian Journal of Ophthalmology. 1 5. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 02 de febreiro de 2014. Consultado o 14 de xuño de 2019. 
  14. 14,0 14,1 Falagas, M.E.; P.K. Kavvadia; E. Mantadakis; D.P. Kofteridis; I.A. Bliziotis; E. Saloustros; S. Maraki; G. Samonis (2006). "Morganella morganii infections in General Tertiary Hospital". Clinical and Epidemiology Study 6 (6): 315–321. PMID 17180585. doi:10.1007/s15010-006-6682-3. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]