Mordechai Gebirtig
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2017.) |
Mordechai Gebirtig | |
---|---|
![]() Mordechai Gebirtig | |
Nacemento | 4 de abril de 1877 |
Cracovia | |
Falecemento | 4 de xuño de 1942 |
Gueto de Cracóvia | |
Nacionalidade | Polonia e Segunda República Polonesa |
Etnia | Pobo xudeu |
Ocupación | poeta, compositor e joiner |
Xéneros | poesía |
Na rede | |
http://mordechaj-gebirtig.pl/ | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Mordechai Gebirtig, nado co nome de Mordekhai Bertig en Cracovia o 4 de abril de 1877 e finado na mesma cidade o 4 de xuño de 1942, foi un poeta e compositor en lingua yiddish, coñecido sobre todo pola canción, "S'brent", escrita en 1938 en resposta ó pogrom contra os xudeus en 1936 na pequena vila de Przytyk. O tema cantouse nos guetos durante o nazismo. Desde aquela a canción, tanto en yiddish como na súa tradución en hebreo,"Ha-Ayyarah Bo'eret", continúa a se interpretar nas conmemoracións do Holocausto.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Mordecai Gebirtig viviu toda a súa vida en Kazimierz, o barrio da clase traballadora xudía, traballou como carpinteiro e como afección aprendeu música de xeito autodidacta, compuña as súas cancións cunha pequena frauta e os seus amigos Julius Hofman e Baruch Sperber transcribían as súas composicións. Desde 1906 foi membro do grupo de teatro afeccionado xudeu de Cracovia, escribiu cancións e críticas teatrais que apareceron en Der sotsial-demokrat o órgano do Partido Social Democrático Xudeu ó que pertencía. Gebirtig serviu durante cinco anos no exército austro-húngaro. En 1920 publicou a súa primeira colección de cancións, Folkstimlekh. As súas cancións adoptáronas cantantes populares como Molly Picon e incluíronse en obras teatrais en yiddish, contribuíndo ó seu espallamento. En 1936 publicou unha segunda escolma delas, Mayne Lyder. Morreu asasinado na rúa por un soldado alemán o 4 de xuño de 1942.