Saltar ao contido

Moraxeláceas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

As Moraxeláceas (Moraxellaceae) Rossau et al. 1991 é unha familia de Gammaproteobacteria que comprende maioritariamente bacterias que viven no solo e nas augas naturais[1]. Malia a predominancia de especies de vida libre, existen nesta familia outras que son parasitas, en xeral inofensivas, das mucosas dos mamíferos, incluíndo os seres humanos. Algunhas especies son patóxenas[2], entre as cales están Moraxella catarrhalis, patóxena para os humanos e Moraxella bovis, axente causante da doenza dos ollos vermellos ou rosas do gando bovino (queratoconxuntivite infecciosa bovina, tamén coñecida como IBK[3])[2], e Acinetobacter baumannii pode causar infeccións intrahospitalarias en pacientes debilitados.

As bacterias desta familia son gramnegativas, aeróbicas, quimioheterótrofas e mesófilas ou psicrófilas (viven a baixas temperaturas), e en xeral considéranse bacterias psicrotróficas (especialmente as do xénero Psychrobacter). Son bacilos ou cocos catalase positivos.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]