Mesófilo (organismo)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Para o tecido das follas das plantas ver mesófilo.

Un organismo mesófilo é un ser vivo que viven a unhas temperaturas entre os 25 e 45 °C, con temperaturas óptimas de crecemento entre 30 e 39 °C.[1][2] Xeralmente aplícase a microorganismos sobre todo. Os mesófilos son os microorganismos máis abundantes. Viven a maiores temperaturas que os psicrófilos, adaptados ao frío, e os termófilos e hipertermófilos, adaptados a altas temperaturas.

Os mesófilos viven en ambientes moi diversos, como a maioría dos solos, augas doces e mariñas, augas residuais, sobre plantas e no corpo dos animais. A temperatura óptima de moitos mesófilos patóxenos ou comensais para os humanos é de 37 °C, que está próxima á temperatura corporal humana. Moitos mesófilos son útiles na industria, como os que se utilizan na elaboración de produtos lácteos fermentados (bacterias) e cervexa e viño (lévedos).

Fixéronse estudos xenómicos e computacionais para clasificar as bacterias en mesófilas e termófilas segundo o contido GC do xeu xenoma.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. (en inglés) IUPAC Gold Book, "mesophiles"
  2. Willey, Joanne M., Linda Sherwood, Christopher J. Woolverton, and Lansing M. Prescott. Prescott, Harley, and Klein. Microbiology. New York: McGraw-Hill Higher Education, 2008. Print.
  3. Hao Zheng and Hongwei Wu. Gene-centric association analysis for the correlation between the guanine-cytosine content levels and temperature range conditions of prokaryotic species. BMC Bioinformatics 2010, 11(Suppl 11):S7.