Saltar ao contido

Montpellier

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaMontpellier
Montpelhièr (oc) Editar o valor en Wikidata
Fotomontaxe
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 43°36′39″N 3°52′38″L / 43.610919, 3.877231
EstadoFrancia
Divisións administrativasFrancia Metropolitana
RexiónsOccitania
DepartamentoHérault Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación302.454 (2021) Editar o valor en Wikidata (5.317,41 hab./km²)
Xeografía
Situado na entidade territorial estatísticaQ108921627 Traducir
Q3551082 Traducir Editar o valor en Wikidata
Superficie56,88 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porLez (en) Traducir, Mosson (en) Traducir e Verdanson (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altitude14 m-7 m-121 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Evento clave
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataMichaël Delafosse (2020–) Editar o valor en Wikidata
Membro de
Identificador descritivo
Código postal34000, 34070, 34080 e 34090 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico467 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con
Fez (2003–) Editar o valor en Wikidata

Páxina webmontpellier.fr Editar o valor en Wikidata
Facebook: villedemontpellier Twitter: montpellier_ Instagram: villedemontpellier LinkedIn: mairie-de-montpellier Youtube: UCytq-3V3HuRaNbzBkjdJbzQ BNE: XX455425 Editar o valor en Wikidata

Montpellier (en occitano: Montpelhièr) é unha cidade francesa con máis de mil anos de historia e cunha arquitectura que mestura o antigo e o moderno. É a capital do departamento Hérault e da rexión francesa do Languedoc-Rosellón. O nome Montpellier provén de mont pelé, o monte pelado, en función da súa escasa vexetación.

O concello ten censados 257.351 habitantes (2010), ascendendo a 542.867 ao se incluír toda a rexión metropolitana que a circunda. É a oitava cidade máis poboada de Francia (poboación intra-muros), mentres que a rexión metropolitana sería a décimo quinta. É unha das poucas cidades francesas de máis de 100.000 habitantes que medrou sen interrupción nos últimos cincuenta anos.

Está situada nun importante eixo de comunicación: España cara ao oeste, Italia cara ao leste e o val do Ródano cara ao norte. Está moi próxima do Mediterráneo (13 km) e do importante porto de Sète (30 km). Outras cidades próximas de importancia son Marsella, Tolosa ou Barcelona.

Dous pequenos ríos atravesan Montpellier: o Lez no leste e o Mosson no oeste. Ademais un regacho (o Verdanson) cruza a cidade e vai desembocar no Lez no barrio da Pompignane. A paisaxe de Montpellier está marcada polo pico Saint-Loup (658 m), situado a uns 25 km ao norte da vila e visible dende numerosos puntos.

Educación

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]