Rocha de Xibraltar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A cara oeste da Rocha de Xibraltar
A Rocha está situada na Baía de Alxeciras.
Vista panorámica desde o extremo superior da Rocha de Xibraltar.

A Rocha de Xibraltar (en castelán: Peñón de Gibraltar, en inglés: Rock of Gibraltar) é unha península angosta e rochosa que sobresae de xeito pronunciado nun dos ángulos da baía de Alxeciras. Trátase dun fe­nómeno xeolóxico, colocado no paso entre o Atlántico e o Mediterráneo. A Rocha é propiedade da Coroa do Reino Unido e limita ao norte con España. A soberanía sobre Xibraltar foi transferida ao reino da Gran Bretaña en 1713 mediante o Tratado de Utrecht tras a guerra de sucesión española.[1]

Ten 6,8 quilómetros de superficie e na súa parte máis larga só 1,2 quilómetros. As súas paredes son moi verticais e caen sobre o mar dende a súa máxima altura de 426 metros. Estas características fan que fose un paso marítimo moi importante e que dende el se puidese controlar o tráfico de barcos polo Estreito. A rocha aparece mencionada no mito das columnas de Hércules, que o heroe grego separaría para crear o paso do Estreito, lenda que se recolle no escudo de España.

A rocha está unida á terra firme por un baixo istmo areoso de 1.600 metros de longo e 800 metros de largo. Integramente dentro do territorio de Xibraltar, pertence ao Reino Unido.

Xeoloxía[editar | editar a fonte]

A formación xeolóxica foi creada durante o Xurásico, hai uns 200 millóns de anos, cando a placa africana colidiu coa placa da Eurasia. O océano Atlántico entrou a través do Estreito de Xibraltar, o que resultou na creación do mar Mediterráneo. A rocha fai parte das cordilleiras Béticas, unha cadea de montañas que dominan o sueste da Península Ibérica.

Cara ao norte, a rocha inclínase verticalmente dende o nivel do mar a unha altitude de 411,5 metros no que se denomina Rock Gun Battery. O punto máis alto da Rocha atópase a uns 426 metros por enriba do Estreito. Os acantilados todo o longo do lado oriental formados por unha serie de pendentes de area que datan dunha época na que o nivel do mar era máis baixo do que é na actualidade, unha chaira areosa ampliou a súa base. O lado occidental é moito menos salagre.

A calcita, produto mineral calcario, disólvese lentamente na auga. Co pasar do tempo, este proceso pode formar cavernas. Composta de pedra calcaria, o rochedo de Xibraltar ten máis de 100 covas.

Fortificacións[editar | editar a fonte]

Castelo dos Mouros[editar | editar a fonte]

O Castelo dos Mouros é unha reliquia da ocupación moura de Xibraltar, que durou 710 anos. Foi construído no ano 711, cando Tariq ibn Ziyad, o líder bérber, desembarcou por primeira vez sobre a rocha que levaría o seu nome. Do edificio principal, a parte que permanece en pé ata hoxe é a torre da homenaxe (Tower of Homage), un enorme edificio construído en ladrillo e morteiro, unha parede moi dura. Na parte superior da sala aínda se poden ver restos de habitacións e salas de baño turco.

Galerías[editar | editar a fonte]

Unha característica distintiva de Xibraltar é a rede de pasaxes subterráneas ou galerías (túneles). O máis antigo deles foi escavado en dirección ao fin do cerco que durou catro anos (1779-1783). O xeneral Elliot, nomeado despois Lord Heathfield, que era o comandante británico durante o cerco, estaba ansioso de canonear as baterías españolas, situadas na chaira debaixo da cara norte da rocha. Seguindo unha suxestión do sarxento Ince da Royal Engineers escavouse un túnel dende un punto abicado cara a batería de Willis para comunicalo coa do Notch, un saínte natural no lado norte, que foi proposto para montar unha batería. Inicialmente non había intención de facer ocos fortificados no túnel, pero viuse a necesidade dunha apertura de ventilación e, como a apertura foi feita entón decidiuse colocar un canón. No final do cerco, construíronse seis localizacións, nas cales foron instalados catro canóns máis.

Descrición concreta de George Augustus Eliott, un canón de Koehler e a crista dos Enxeñeiros Reais na entrada dos túneles

As galerías, que se mostran hoxe aos visitantes, son un desenvolvemento baseado na mesma idea e foron concluídas en 1797. Consisten nun sistema de caixas, fortificacións, e pasaxes, cunha lonxitude total duns 304 metros, e a partir delas pódese gozar dunha vista panorámica da Baía de Xibraltar, o istmo e España.

Aproveitamento militar[editar | editar a fonte]

Durante a segunda guerra mundial (1939-1945) Xibraltar converteuse de novo nunha fortaleza e a poboación foi evacuada. No final de 1939 rematou a construción dunha base aérea e unha pista de aterraxe no istmo, que ata entón fora un hipódromo. En maio de 1940 16.700 xibraltareños foron evacuados a Casablanca no protectorado francés de Marrocos. Esta evacuación foi moi breve e os evacuados foron trasladados logo ata outros destinos: 12.000 foron evacuados a Londres, o resto repartidos a Madeira e Xamaica.

O control de Xibraltar deulle aos Aliados o control da entrada ao Mediterráneo e o lugar da Rocha converteuse nunha peza clave na ruta de abastecemento a Malta e ao Norte da África.

Actualmente acolle distintas instalacións militares subterráneas, e poderían refuxiarse nela ata 25.000 persoas en caso de calquera bombardeo ou ataque aéreo. Nela están instalados diversos radares de vixilancia marítima da OTAN.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Gibraltar, September 2001". Arquivado dende o orixinal o 13 de xullo de 2010. Consultado o 21 de febreiro de 2009. 

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]