Mohsen Fakhrizadeh
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 21 de marzo de 1961 Qom |
| Morte | 27 de novembro de 2020 Absard |
| Causa da morte | homicidio, ferida por arma de fogo |
| Lugar de sepultura | Imamzadeh Saleh |
| Relixión | Islam |
| Educación | Universidade Shahid Beheshti |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Programa nuclear de Irán |
| Ocupación | científico nuclear, militar, profesor universitario |
| Empregador | Universidade Imam Hussayn |
| Carreira militar | |
| Rama militar | Corpos da Garda Revolucionaria Islámica |
| Rango militar | xeneral de brigada |
| Cronoloxía | |
| 27 de novembro de 2020 | asasinato de Mohsen Fakhrizadeh |
| Premios | |
| |
Mohsen Fakhrizadeh-Mahabadi (en persa محسن فخریزاده) nado en Qom en 1958 e finado en Absard o 27 de novembro de 2020, foi un oficial iraniano da Garda Revolucionaria e profesor de física na Universidade Imam Hussein de Teherán. Segundo o Consello de Seguridade da ONU, Fakhrizadeh era un científico de alto rango adscrito ao Ministerio de Defensa e Loxística das Forzas Armadas e ex director do Centro de Investigación Física (PHRC). Foi asasinado o 27 de novembro de 2020.[1]
Biografía
[editar | editar a fonte]Naceu en Qom, asistiu á Universidade Shahid Beheshti e recibiu un doutoramento pola Universidade de Isfahán. Foi profesor na Universidade Iman Hussein, e líder do programa nuclear de Irán.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fakhrizadeh fora obxecto de investigación por parte de Estados Unidos, acusado de ser o responsable último do programa nuclear iraniano. Por ese motivo foi incluído na lista do Consello de Seguridade das Nacións Unidas pola que se conxelaban os seus activos e era preceptiva a notificación das súas viaxes. O Consello esixiu que o Axencia Internacional da Enerxía Atómica (AIEA) elaborase un informe e entrevistase a Fakhrizadeh, pero Irán negouse a polo á súa disposición.[2]
Respecto ao traballo de Fakhrizadeh, Irán filtrou algunha información sobre a que a AIEA dixera que "non era incompatible coas súas propias conclusións", aínda que o organismo internacional continuou tentando corroborar as súas sospeitas.[3]
Asasinato
[editar | editar a fonte]O 27 de novembro de 2020, Fakhrizadeh foi ferido de gravidade preto da cidade de Absard, unha localidade próxima a Teherán.[1] Houbo noticias dunha explosión.[4] Foi trasladado a un hospital onde morreu debido ás súas feridas. Catro homes armados estiveron involucrados no ataque, tres dos cales foron matados polos gardacostas de Fakhrizadeh.[5]

Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 "Assassinat a trets Mohsen Fakhrizade, pare del programa nuclear iranià" (en catalán). Consultado o 2020-11-27.
- ↑ "United Nations Sanctions Committee: Individuals and Entities Designated as Subject to the Travel Notification Requirements and Assets Freeze Imposed by Resolutions 1737 (2006) and 1747 (2007)". Arquivado dende o orixinal o 06 de febreiro de 2015. Consultado o 08 de decembro de 2020.
- ↑ International Atomic Energy Agency: Implementation of the NPT Safeguards Agreement and relevant provisions of Security Council resolutions 1737 (2006) and 1747 (2007) in the Islamic Republic of Iran
- ↑ "Iran scientist linked to military nuclear program killed". 2020-11-27. Consultado o 2020-11-27.
- ↑ "Iran's top nuclear scientist Mohsen Fakhrizadeh assassinated near Tehran" (en inglés). 2020-11-27.