Miyakonojō
| 都城市 (ja) | |||||
| Símbolo oficial | Iris sanguinea (flor) Zelkova serrata (árbore) Sakura (árbore) (árbore) | ||||
|---|---|---|---|---|---|
| Localización | |||||
| |||||
| Estado | Xapón | ||||
| Prefecturas | Prefectura de Miyazaki | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 160.392 (2021) | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 653,31 km² | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Datos históricos | |||||
| Precedido por | Q106632361 | ||||
| Creación | 1 de xaneiro de 2006 | ||||
| Organización política | |||||
| Órgano lexislativo | Q18339500 | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 885-8555 | ||||
| Fuso horario | |||||
| Prefixo telefónico | 0985 | ||||
| Outro | |||||
| Irmandado con | |||||
| Sitio web | city.miyakonojo.miyazaki.jp | ||||
Miyakonojō (都城市, みやこのじょうし, Miyakonojō-shi) é un concello da prefectura de Miyazaki no Xapón. Está situado na parte leste da rexión de Kyūshū e ao sur da prefectura, na illa de Kyūshū. Ten 653,31 km² de superficie, unha poboación de 158.235 habitantes (2023) e unha densidade de poboación de 240 h/km².
O concello de Miyakonojō limita cos concellos de Takaharu, Nojiri, Miyazaki, Mimata, Nichinan, Kushima (que son da prefectura de Miyazaki); Sibushi, Soo e Kirishima (que son da prefectura de Kagoshima).
Xeografía
[editar | editar a fonte]Miyakonojō localízase na punta sureña da prefectura de Miyazaki na conca Miyakonojō, aproximadamente a 50 km polo suroeste da cidade de Miyazaki. O río Ōyodo pasa polo centro da cidade. O concello atópase rodeado polos montes Kirishima polo oeste e os montes Wanizuka polo leste.
Concellos lindeiros
[editar | editar a fonte]Prefectura de Kagoshima
Prefectura de Miyazaki
Clima
[editar | editar a fonte]Miyakonojō ten un clima subtropical húmido (Cfa) pero máis frío ca outras cidades da prefectura. Presenta unha temperatura media de 16,8 °C e unha precipitación anual de 2.694 mm. O clima da área está influenciada polos montes.
Demografía
[editar | editar a fonte]Segundo os datos do censo xaponés, Miyakonojō ten 160.392 habitantes no 2020. A poboación mantense estable desde os anos 50.
Historia
[editar | editar a fonte]A área de Miyakonojō foi parte da provincia de Hyūga. Ao final do Período Heian estableceuse o señorío Shimazu, o máis grande daquela. No Período Muromachi a área estivo gobernada polo clan Hongō, rama cadete dos Shimazu, cunha kokudaka de 40.000 koku, ou 7.216 m³ de arroz, sendo das terras autónomas máis grandes do dominio. Despois da Restauración Meiji, a vila de Miyakonojō foi creada o 1 de abril de 1889 coa creación do sistema moderno de concellos. Foi elevado ao status de cidade en 1924.
O 1 de xaneiro de 2006 as vilas de Takajō, Takazaki, Yamada e Yamanokuchi incorporáronse a Miyakonojō.
Economía
[editar | editar a fonte]Moitos dos cidadáns traballan como granxeiros. Producen gobō, pementos e carne. Miyakonojō tamén alberga manufactura agraria.
Miyakonojō tamén é coñecida por producir arcos xaponeses co bambú abundante da zona.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Japan National Tourism Organization | Arrange Your Travel | Attractions | Tourist Facilities of Japan". www.jnto.go.jp (en inglés). Consultado o 2025-07-20.
