Saltar ao contido

Soo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaSoo
曽於市 (ja) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 31°39′13″N 131°01′10″L / 31.65364, 131.01936
EstadoXapón
PrefecturasPrefectura de Kagoshima Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación32.849 (2021) Editar o valor en Wikidata (84,2 hab./km²)
Xeografía
Superficie390,11 km² Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Sueyoshi (en) Traducir, Takarabe (en) Traducir e Ōsumi (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Creación1 de xullo de 2005 Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Outro
Irmandado con
Tsuruoka (2001–) Editar o valor en Wikidata

Sitio webcity.soo.kagoshima.jp Editar o valor en Wikidata

Soo (曽於市, そおし, Soo-shi) é un concello da prefectura de Kagoshima no Xapón. Está situado ó sur da rexión de Kyūshū e ó leste da prefectura, na zona da provincia histórica de Ōsumi, na illa de Kyūshū. A súa superficie é de 390,39 km², a poboación é de 32.849 habitantes (2021) e ten unha densidade de poboación de 84,2 h/km².

O concello de Soo limita cos concellos de Kirishima, Kanoya, Ōsaki, Shibushi (que son da prefectura de Kagoshima); e Miyakonojō (este último é da prefectura de Miyazaki).

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Soo sitúase no nordeste da prefectura de Kagoshima e da península de Ōsumi, e unha das poucas cidades da prefectura que non ten costa. Chove, pero apenas neva; mais recibe cinsa de volcáns como Shinmoedake o Sakurajima.

Concellos lindeiros

[editar | editar a fonte]

Prefectura de Kagoshima

Prefectura de Miyazaki

Soo ten un clima subtropical húmido (Cfa) caracterizado por veráns cálidos, invernos suaves con case ningunha neve.

Demografía

[editar | editar a fonte]

Soo é unha das pequenas cidades que sofren de decrecemento demográfico pola baixa fertilidade, envellecemento e emigración ás grandes cidades. Desde que empezou o censo en 1920 Soo perdeu un cuarto da súa poboación (43.379 en 1920 a 33310 en 2020).

A área do Soo pertencía á provincia de Ōsumi. No período Edo dita área quedou controlada polo Dominio de Satsuma. Despois da Restauración Meiji, as aldeas de Sueyoshi, Takarabe, Iwakawa, Tsueyoshi e Tsukino foron creadas o 1 de abril de 1889. Na década de 1920 Takarabe, Sueyoshi e Iwakawa foron promovidas a status de vila. Iwakawa, Tsueyoshi e Tsukino uníronse para crear a vila de Ōsumi en 1955. A cidade de Soo foi fundada pola fusión das vilas de Sueyoshi, Takarabe e Ōsumi, todas pertencentes ao distrito de Soo, no ano 2005.

Economía

[editar | editar a fonte]

Sueyoshi, o centro urbano de Soo, é nacionalmente coñecida pola produción do cítrico Yuzu, un híbrido entre unha mandarina e unha papeda. Ōsumi é coñecida polo seu repolo chinés e a sandía. Antes de pechar, o instituto de Takarabe serviu de escola agraria, reflectindo a importancia da industria agraria na zona.

Atraccións locais

[editar | editar a fonte]

Soo conta con diversas atraccións naturais e festas locais. Entre elas inclúense un festival Yabusame celebrado o 23 de novembro, un túnel natural de case 14m de lonxitude onde no Domingo máis achegado ao aniversario de Buda celébrase outro festival, un desfiladeiro con cabanas alquilables, entre outras cousas.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]