Ministerio de Igualdade (España)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Ministerio de Igualdade de España»)
Ministerio de Igualdade
Logo
Tipoministerio de España
Data de fundación12 de abril de 2008
Presidente/aAna Redondo García
SedeCalle de Alcalá
PaísEspaña
Na rede
http://www.igualdad.gob.es/
editar datos en Wikidata ]

O Ministerio de Igualdade de España é o departamento da Administración Xeral do Estado responsable da proposta e execución da política do Goberno de España en materia de igualdade e das políticas dirixidas a facer real e efectiva a igualdade entre homes e mulleres, a prevención e erradicación das distintas formas de violencia contra a muller e a eliminación de toda forma de discriminación por razón de sexo, orixe racial ou étnica, relixión ou ideoloxía, orientación sexual, identidade de xénero, idade, discapacidade ou calquera outra condición ou circunstancia persoal ou social.[1]

Correspóndelle, en particular, a elaboración e desenvolvemento das normas, actuacións e medidas dirixidas a asegurar a igualdade de trato e de oportunidades, especialmente entre homes e mulleres, o fomento da participación social e política das mulleres, e a prevención e erradicación de calquera forma de violencia contra a muller.[1]​ Do 13 de xaneiro de 2020 ao 21 de novembro de 2023 a súa titular foi Irene Montero, membro da coalición Unidas Podemos. Desde o 21 de novembro do 2023 pasa a selo Ana Redondo García, do PSOE.

Historia[editar | editar a fonte]

Creouse en 2008, durante a IX Lexislatura do renovado período democrático, baixo a presidencia do socialista José Luis Rodríguez Zapatero, foi o ministerio encargado de impulsar as políticas sociais recollidas na Ley para la Igualdad e na Ley Integral contra la Violencia sobre la Mujer, así como os programas sociais do Instituto de la Mujer e do Instituto de la Juventud. O Ministerio recolle as competencias de Igualdade que na VIII Lexislatura de España tiña o Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais, o cal pasou a chamarse Ministerio de Traballo e Inmigración. A primeira ministra de igualdade foi Bibiana Aído, a ministra máis nova da historia da democracia en España. Tamén foi a única, pois o ministerio integrou as súas competencias no de Sanidade e Consumo en 2010.

Listaxe de ministras[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Ministerio de Política Territorial y Función Pública (2020-03-12). "Real Decreto 455/2020, de 10 de marzo, por el que se desarrolla la estructura orgánica básica del Ministerio de Igualdad". BOE. pp. 24668–24679. Consultado o 2023-11-24.