Milne Bay

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Localización da provincia de Milne Bay no mapa de Papúa Nova Guinea.
Bandeira de Milne Bay

A Provincia de Milne Bay é unha das provincias da Papúa Nova Guinea. A capital da provincia é a cidade de Alotau. Conta cunha superficie de 14.000 km2, cunha poboación de 209.054 habitantes (2000), o que dá unha densidade de poboación de quince habitantes por quilómetro cadrado aproximadamente.

Economicamente a provincia depende maiormente do turismo, como tamén da produción da palmeira aceiteira ou da extracción de ouro. Ademais destas grandes industrias hai moitos outros proxectos de produción a pequena escala, como o cultivo de cacao ou copra.

Distritos[editar | editar a fonte]

Esta provincia pódese dividir en varios distritos:

  • Donterecastot
  • Trobrian
  • Samarai
  • Wudlak
  • Luisiad
  • Deka-Deka
  • Sidea