Alotau

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Baía Milne, Alotau.
Provincia de Milne Bay.

Alotau é a capital da provincia de Milne Bay, unha provincia de Papúa Nova Guinea. Atópase na costa setentrional da Milne Bay. No ano 2000 tiña 10.025 habitantes.

Atópase dentro da área onde o exército xaponés sufriu a súa primeira derrota terrestre da Guerra do Pacífico en 1942, pouco antes da batalla de Kokoda Track. Converteuse en capital en 1969 tras quitarlle o posto a Samarai.[1]

Hai unha pista desde Ulumani até Alotau que pasa polo aeroporto local de Gurney (chamado así por Charles Raymond Gurney, do exército australiano, que morreu na zona en 1942). O aeroporto atópase a 12 km do pobo.

Alotau é porta de entrada de Milne Bay, que contén algunhas das illas máis remotas do mundo. É coñecido tamén polo seu arrecife de coral.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. PNG ports (ed.). "Alotau" (PDF) (en inglés). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 08 de marzo de 2012. Consultado o 25 de setembro de 2011.