Oro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Localización da provincia de Oro en Papúa Nova Guinea.

Coordenadas: 9°0′S 148°5′L / -9.000, -148.083 Oro, actualmente chamada provincia do Norte, é unha das provincias da Papúa Nova Guinea, con capital Popondetta. A provincia abrangue unha área duns 22.800 km2, e segundo o censo do ano 2000, tiña unha poboación de 133.065 habitantes.