Millares, A Braña, Baleira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Millares
Millares 2009.JPG
Millares, 2009.
ParroquiaA Braña
ConcelloBaleira
Poboación32 hab. (2015)

Millares é un lugar da parroquia da Braña, no concello lugués de Baleira. Tiña 32 habitantes en 2015 (18 homes e 14 mulleres) segundo datos do IGE[1]. Iso supón unha diminución da poboación respecto a 2007 cando tiña 38 habitantes (21 homes e 17 mulleres). Atópase a uns 625 metros de altitude.

Microtoponimia[editar | editar a fonte]

A microtoponimia do lugar inclúe zonas como A Arqueira, O Latedo, A Lameira, O Foxo, O Cando, O Barreiro, A Agra, As Preiriñas, O Alto da Agra, Veigalonga, Liñarin, A Rigueira, O Casón, O Palomar, A Requeixada, O Porto da Roxa, O Candal, O Breiral, As Valiñas, As Canceleiras, O Candal, As Manguelas, O Lameirón, As Pedragueiras, Suferraña, As Veigas, Veiga, A Caliña, O Forno do Cal, O Copín, Ladairo, O Grandón, A Carballosa, A Marronda, Freixido, A Armada das Cordas, O Valín do Leite, O Valín Dauga, O Val da Faia, O Valiñato, O Valdafonte, A Cruz da Nena, A Pena da Palla, A Lagoa, Pena do Allo, As Campas e O Muinvello.

Orixe[editar | editar a fonte]

A Armada das Cordas: lugar situado entre a Marronda e Freixido no pico da serra, onde se poñían cordas entrelazadas para cazar os lobos.

A Cruz da Nena: lugar da serra onde os lobos comeron a unha nena da Braña cando estaba cas ovellas. Nese sitio había unha cruz que foi desfeita polo ano sesenta no século XX, cando o Patrimonio Forestal repoboou con piñeiros o cume da serra.

Historia[editar | editar a fonte]

O 1 de febreiro de 1622, Alonso de Millares cura da parroquia da Braña e habitante de San Román na parroquia veciña de Retizós, recibiu en foro o dereito que tiña a comunidade dominica de Santa María a Nova da cidade de Lugo, sobre uns bens sitos no lugar de Millares.

Segundo o Catastro de Ensenada, no ano 1753 Millares pertencía ao señorío do marqués de Montaos, quen por razón de señorío e vasalaxe non percibía cousa algunha. Na aldea vivían entón 65 habitantes, todos labregos, agás dous arrieiros e un ferreiro. Un dos arrieiros tiña dous machos e unha cabalería e o outro dúas cabalerías. As construcións principais eran dez casas, tres palleiras, oito hórreos, dous muíños e unha capela. Os hórreos teñen planta cadrada, a estrutura de madeira apoiada sobre catro pés e o teito cuberto de palla. A capela estaba dedicada á honra de San Xoán Bautista.

No ano 1798 o bispo de Lugo ordena suspender a celebración da misa por non reunir as condicións adecuadas ata que se reedifique. Os muíños situados no lugar do Candal, moían gran a cuarta parte do ano coa auga da fonte do Espiñeiro. Nunha das casas había unha taberna, á que lle regularon a venda de viño en 48 reais de billón ó ano máis 30 reais de billón por vender tabaco.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares da Braña[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia da Braña no concello de Baleira (Lugo)

Abrairas | A Braña | Millares

Parroquias de Baleira[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Baleira

A Braña (San Miguel) | Córneas (Santiago) | Cubilledo (Santiago) | A Degolada (San Lourenzo) | A Esperela (San Pedro) | A Fontaneira (Santiago) | Fonteo (Santa María) | A Lastra (San Xoán) | Librán (Santa Mariña) | Martín (Santiago) | Pousada (San Lourenzo) | Retizós (Santa María Madanela)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor de Galicia" (en galego). Consultado o 6 de decembro de 2016.