Mike Myers

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMike Myers

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Michael John Myers Editar o valor em Wikidata
25 de maio de 1963 Editar o valor em Wikidata (60 anos)
Scarborough, Canadá (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaNova York Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeCanadá
Estados Unidos de América
Reino Unido Editar o valor em Wikidata
EducaciónStephen Leacock Collegiate Institute (en) Traducir
Sir John A. Macdonald Collegiate Institute (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónguionista , actor de dobraxe , director de cinema , compositor de cancións , cantante , actor , actor de televisión , actor de cinema , produtor de cinema , humorista Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1975 Editar o valor em Wikidata -
Membro de
Influencias
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo Competición
- Hollywood United FC (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeKelly Tisdale (en) Traducir (2010–)
Robin Ruzan (pt) Traducir (1993–2006), divorcio Editar o valor em Wikidata
FillosSpike Myers (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisEric Myers (en) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Alice Myers (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsPaul Myers (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
ParentesPhillip Myers (en) Traducir (paternal great-grandfather (en) Traducir)
Mary Atherton (en) Traducir (paternal great-grandparent (en) Traducir)
Stephen Atherton (en) Traducir (great-great-grandfather (en) Traducir)
Leslie Michelle Carter (en) Traducir (great-great-grandmother (en) Traducir)
John Myers (en) Traducir (avó paterno)
Amy Laugharne (en) Traducir (avoa paterna)
Matthew Hind (en) Traducir (avó materno)
Alice Boote (en) Traducir (avoa materna)
Eliza Jane Wordsworth (en) Traducir (maternal great-grandparent (en) Traducir)
John Wordsworth (en) Traducir (great-great-grandfather (en) Traducir)
Jane Radcliffe (en) Traducir (great-great-grandmother (en) Traducir) Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm0000196 Allocine: 14838 Rottentomatoes: celebrity/tommy_maitland Allmovie: p51621 Metacritic: person/mike-myers TV.com: people/mike-myers
Facebook: Mike-Myers-Austin-Powers-125775610788053 Musicbrainz: 1e50603f-15ba-455b-bd56-50da7b4d433b Songkick: 641051 Discogs: 461114 Allmusic: mn0000895210 WikiTree: Myers-23788 Genius: Mike-myers Editar o valor em Wikidata

Michael John Myers, nado o 25 de maio de 1963, é un actor, guionista, produtor de cine e comediante canadense. Actuou en Saturday Night Live (1988-1995), Wayne's World, nas tres películas de Austin Powers e prestou a súa voz na serie de películas de Shrek. A súa última entrega humorística é "The Love Guru", na que interpreta o papel de Gurú Pitka. En 2002, Myers participou no vídeo musical de Britney Spears, "Boys".

Biografía[editar | editar a fonte]

Naceu o 25 de maio de 1963 en Scarborough, Ontario, Canadá. Mide 1,73 m. Mike Myers é o fillo máis novo do vendedor de enciclopedias e antigo cociñeiro do exército británico Eric Myers, e de Alice “Bunny” Myers, procesadora de datos e ex-actriz. Ambos cidadáns ingleses (o propio actor ten pasaporte británico) que emigraron ao Canadá desde a cidade portuaria de Liverpool.

O primeiro contacto de Myers co mundo audiovisual foron as súas aparicións infantís en varios anuncios publicitarios. Na súa etapa no instituto Stephen Leacock, Mike tomou leccións de danza e comezou a crear personaxes cómicos. Nos inicios dos anos 80 actuou co grupo de comediantes Second City Comedy de Toronto, e máis tarde formou parella profesional con Neil Mullarkey, con quen Myers virou por Inglaterra representando múltiples actuacións humorísticas. Retornado ao Canadá, Myers foi descuberto por Martin Short cando estaba actuando co Second City Comedy. Short propúxolle que se incorporase ao programa de televisión “Saturday Night Live”, todo un escaparate popular para o talento cómico dos seus protagonistas. En 1989, Mike, que actuaba e escribía "sketches", recibiría un premio Emmy polos seus guións.

A súa primeira aparición cinematográfica produciuse ese mesmo ano ao aparecer en “Elvis Stories” (1989), unha curta parodia sobre a desaparición de Elvis Presley, rodado por Ben Stiller.

O 5 de maio de 2022 estreou a serie The Pentaverate en Netflix, na que interpreta dez personaxes.[1]

Filmografía[editar | editar a fonte]

Mike Myers na estrea de Shrek the Third no 2007.

Cine e series[editar | editar a fonte]

Ano Título Rol Nota
1992 Wayne’s World Wayne Campbell Tamén escritor, película debut
1993 So I Married an Axe Murderer Charlie McKenzie/ Stuart McKenzie Primeira película na que Myers fixo máis dun papel.
1993 Wayne's World 2 Wayne Campbell Tamén escritor
1997 Austin Powers: International Man of Mystery Austin Powers / Dr. Evil Escritor e produtor
1998 54 Steve Rubell
1998 Thin Pink Line, TheThe Thin Pink Line Tim Broderick
1998 Pete's Meteor Pete
1999 Austin Powers: A espía que me achouchou Austin Powers / Dr. Evil /
Fat Bastard
Escritor e produtor
1999 Mystery, Alaska Donnie Shulzhoffer
2001 Shrek Shrek Actor de voz
2002 Austin Powers in Goldmember Austin Powers / Dr. Evil /
Fat Bastard / Goldmember
Escritor e produtor
2003 Nobody Knows Anything! 'Eye' Witness
2003 The Cat in the Hat The Cat in the Hat
2003 Shrek 4-D Shrek Actor de voz, presente no parque de atraccións
2003 View from the Top John Witney
2004 Shrek 2 Shrek Actor de voz, é a película con maior recadación da súa carreira como actor
2006 Home El mesmo
2007 Shrek the Third Shrek Actor de voz
2008 The Love Guru Gurú Maurice Pitka/El mesmo Escritor e produtor
2009 Inglourious Basterds Gen. Ed Fenech
2010 Shrek Forever After Shrek Actor de voz
2012 Oscar Etiquette Sir Cecil Worthington Curtametraxe
2013 Being Canadian, Sometimes El mesmo Documental
2013 Supermensch: The Legend of Shep Gordon El mesmo Director do documental
2015 I Am Chris Farley El mesmo
2018 "The Tailor,The Giant & The King Valentín(Valentine) na versión orixinal Actor de voz
2019 Shrek The Fifth Shrek Actor de voz
2022 The Pentavirate Ken Scarborugh Interpreta a dez personaxes, incluíndo a Ken Scarbourugh e a voz de Shrek

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "'El Pentavirato': una serie de Netflix totalmente extraña, pero muy adictiva". Hipertextual (en castelán). 2022-05-06. Consultado o 2022-05-07. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]