Miguel Porto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Miguel Porto
Nacemento20 de decembro de 1980
Lugar de nacementoOia
Ocupacióndebuxante de banda deseñada
editar datos en Wikidata ]

Miguel Porto Hermida, nado o 20 de decembro de 1980 en San Miguel de Oia (Vigo) é un debuxante de banda deseñada e ilustrador galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou debuxando de neno e conseguiu algúns premios locais coma o premio infantil do I Salón de Cómic de Vigo. Fixo o bacharelato artístico no Instituto Politécnico de Torrecedeira (Vigo), e fundou o seu primeiro fanzine, Alopecia Mental. Estudou na Academia de Cómic e Ilustración de Víctor Rivas e licenciouse en Belas Artes en Pontevedra (Universidade de Vigo) en 2004.

En 2002 comezou a debuxar para a revista Golfiño para a que creou as series de Lúa e Niko Natas. Nese tempo comeza a traballar nas publicacións clásicas de comezos do século XXI BD Banda ou Barsowia. A súa actividade fancineira continuaraa en publicacións como ARGH!, Carne Líquida, Fanzine Enfermo, Lunático, Dos veces breve, OINK!, Mongolia, Humo, El Manglar ou A viñeta de Schröedinger[1].

Traballou como creativo e deseñador web na empresa Visual Publinet, e como deseñador e ilustrador de videoxogos para Imaxin Software[2], empresa líder do sector do videoxogo educativo. En 2012 empezou a traballar como docente en O garaxe hermético, a escola de banda deseñada e ilustración que fundou Kiko da Silva en Pontevedra.

En 2014 botou a andar o festival Bosquexo, un campamento de debuxo ao natural para adultos na aldea de Senderiz, que tivo unha continuidade anual[1].

Obra[editar | editar a fonte]

En videoxogos[editar | editar a fonte]

  • Mayu (Imaxin Software, 2002): fondos.
  • Vetas (Imaxin Software, 2003): fondos e deseño de personaxes.
  • O mundo nas túas mans (Imaxin Software, 2004): dirección artística, animación e deseño de personaxes.
  • El medallón de la fortuna (Imaxin Software, 2004): dirección artística e animación.

Banda deseñada[editar | editar a fonte]

Obra colectiva[editar | editar a fonte]

  • 2011: Yes, We Camp! Bocetos de una (R)evolución.
  • 2018: O puño e a letra.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Miguel Porto". Vinetas desde o Atlántico. Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2021. Consultado o 2021-09-24. 
  2. "Miguel Porto Hermida". galegos.galiciadigital.com (en castelán). Consultado o 2021-09-24.